Contrapposto
Contrapposto é un termo italiano para designar a oposición harmónica das distintas partes do corpo da figura humana, o que proporciona certo movemento e contribúe a rachar a lei da frontalidade.
Úsase na escultura para dar sensación de movemento. Unha das pernas está fixa no chan e a outra se adianta, os brazos fan o propio, mentres a cabeza mira cara a un lado simulando un paso.
Foi o escultor Policleto quen o puxo en práctica en obras como o Doríforo, influíndo moito nas escultura do Renacemento (por exemplo, no David de Miguel Anxo). Basicamente consiste en representar á figura humana cunha perna lixeiramente flexionada, co que a cadeira ao lado oposto aparece máis elevada, do mesmo xeito que o ombreiro dese mesmo lado está a menor altura que o contrario, o que dá lugar a que a figura describa unha lixeira curva e contracurva (un S) no seu percorrido vertical. O escultor grego do século IV a. C. Praxíteles practicou un contrapposto moi senlleiro e elegante que foi denominado curva praxiteliana.
ExemplosEditar
Efebo de Kritios, no Museo da Acrópole, de Atenas
Hermes por Praxíteles
Venus de Milo, con contraposto que produce unha postura en S. 130–100 a.C
David, por Miguel Anxo, 1501–04. Os ombreiros do David vense nun ángulo distinto á pelvis