Contra proferentem
O principio de interpretación contra proferentem, tamén denominado interpretatio contra stipulatorem, estabelece que cando non é posíbel facer unha interpretación literal dun contrato por causa de cláusulas ambiguas ou contraditorias, a interpretación non deberá beneficiar á parte que ocasionou a escuridade.
Este principio existe tanto no Common Law como no Dereito español, onde está recollido no artigo 1.288 do Código Civil de España e no artigo 6.2 da Lei de Condicións Xerais da Contratación de España.[1]
Notas
editar- Sentenza do 2 de abril de 2009, do Tribunal Supremo de España.
- Sentenza do 13 de maio de 2008, do Tribunal Supremo de España: Nº de Resolución 394/2008.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2009. Consultado o 02 de agosto de 2009.