Consuelo Martínez López

Consuelo Martínez López, nada en Ferrol en 1955, é unha matemática e catedrática de Álxebra galega.

Consuelo Martínez López
Nome completoConsuelo Martínez López
Nacemento1955
 Ferrol
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Zaragoza
Ocupaciónmatemática, alxebrista e catedrática
PremiosMedalla de la Real Sociedad Matemática Española
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Licenciouse en Matemáticas pola Universidade de Zaragoza en 1977.[1] Doutorouse pola mesma universidade en 1980 coa tese titulada Formaciones saturadas en una clase de grupos localmente finitos PI-resolubles, dirixida por Javier Otal.[2][3] É catedrática na facultade de Ciencias da Universidade de Oviedo.[4][5]

A súa investigación céntrase na álxebra abstracta co fin de aplicala á teoría da información, á criptografía e ós códigos correctores de erros, utilizando estruturas alxebraicas resistentes para o deseño de sistemas de cifrado.[1] Investiga as álxebras e superálxebras non asociativas e as súas interrelacións coa teoría de grupos.[1] Foi quen de construír o anel completo de cocientes dun álxebra de Jordan para as superálxebras graduadas por sistema raíz, problema inicialmente proposto por Jacobson.[6]

Colabora, dende os anos noventa,[6] co matemático da Universidade de California San Diego e gañador da medalla Fields Efim Zelmanov.[1]. Xuntos estudan as conexións de grupos e álxebras cos retos e conxeturas do problema restrinxido de Burnside.[6] Conseguiron, entre outros resultados, a clasificación de superálxebras de Jordan simples finito dimensionales en característica prima.[1]

Ocupou, entre outros, os seguintes cargos:

  • Codirectora da Revista Matemática Iberoamericana (RMI)[6]
  • Membro da Comisión Científica da Real Sociedad Matemática Española de 2003 hasta 2012[6]
  • Membro da comisión de Física e Matemáticas da Comisión Nacional Evaluadora de la Actividad Investigadora (CNEAI)[1]
  • Membro do Comité de Ciencias Experimentais de la Axencia Vasca (UNIBASQ).[1]

Premios e recoñecementosEditar

  • Medalla da Real Sociedad Matemática Española en 2008 [4]

ObrasEditar

É autora de numerosas publicacións en revistas científicas[7], entre outras:

  • "Algebra y supersimetría". Gaceta de la Real Sociedad Matemática Española, (en castelán) 20 (2): 399–416. 2017. ISSN 1138-8927. 
  • Couselo Hernández, Elena; Santos González Jiménez, Victor Markov; Martínez López, Consuelo; Nechaev, Alexander (2012). "Ideal representation of Reed-Solomon and Reed-Muller codes". Algebra and logic (en castelán) 51 (3): 195–212. ISSN 0002-5232. 
  • Martínez, Consuelo (2010). Simple Jordan superalgebras and the coordinatization theorem. Proceedings of Jordan Structures in Algebra and Analysis meeting. Tribute to El Amin Kaidi. Almería (España). pp. 191–202. 

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Martínez, Consuelo (primeiro trimestre de 2014). ICMAT, ed. Ruiz Guevara, Patricia. "ENTREVISTA: Consuelo Martínez, catedrática de Álgebra en la Universidad de Oviedo". Newsletter (en castelán) (14). Consultado o 31 de xullo de 2018. 
  2. "Consuelo Martínez López". Mathematics Genealogy Project (en inglés). Consultado o 31 de xullo de 2018. 
  3. "Ficha da tese". Dialnet (en castelán). Consultado o 31 de xullo de 218. 
  4. 4,0 4,1 "Resolución de la edición de 2018 de las Medallas de la RSME". Real Sociedad Matemática Española (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2018. Consultado o 31 de xullo de 2018. 
  5. "Personal docente e investigador". universidade de Oviedo (en castelán). Consultado o 31 de xullo de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 "Consuelo Martínez y Antonio Ros. Dos nuevos directores de la RMI". Real Sociedad Matemática Española (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2018. Consultado o 31 de xullo de 2018. 
  7. Comisión Interministerial de Ciencia y Tecnología (ed.). "Curriculum vitae" (en castelán). Consultado o 31 de xullo de 2018.