Constantino Lourido Cabanas
empresario e filántropo galego
Constantino Lourido Cabanas, nado en Galegos (Riotorto) o 14 de febreiro de 1900 e finado en Buenos Aires o 22 de marzo de 1960, foi un empresario e filántropo galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de febreiro de 1900 Riotorto, España |
Morte | 22 de marzo de 1960 (60 anos) Buenos Aires, Arxentina |
Actividade | |
Ocupación | empresario |
Traxectoria
editarEmigou a Arxentina con 19 anos. En Río de la Plata traballou de operario de panadería co seu curmán José Loureiro Cabanas. Tres anos despois abriu unha panadareía propia. Abriu despois a Confeitaría Savona. En 1927 instalouse en Villa Devoto e construíu un edificio que foi o centro da súa industria que chegou a ter até trinta panaderías. Viaxou aos Estados Unidos e Europa para aprender, mellorar e innovar e foi pioneiro da mecanización da fabricación de pan na Arxentina.
Doou unha Sala de Maternidade para o hospital da cidade de Pilar.