Constant Awashish

gran xefe atikamekw

Constant Awashish, nado en La Tuque, no Quebec en 1981, é o xefe tribal do pobo atikamekw. Dende 2014, é o gran Xefe do Atikamekw Sipi, o consello tribal das tres nacións atikamekw. É coñecido por declarar a soberanía do seu territorio ancestral, o Nitaskinan, xunto con outros xefes atikamekw.

Infotaula de personaConstant Awashish

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1981 Editar o valor em Wikidata (42/43 anos)
La Tuque, Canadá (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Grand Chief (en) Traducir Conseil de la Nation Atikamekw (en) Traducir
4 de setembro de 2014 –
← André Quitich (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCanadá Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Otava
Actividade
Ocupaciónpolítico , Xefe tribal Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2014 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua atikamekw e lingua francesa Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Awashish naceu La Tuque e foi criado principalmente polos seus avós maternos na reserva india de Opitciwan, no norte da rexión de Mauricie, no Quebec. Completou os seus estudos de primaria e de secundaria en La Tuque. Completou a carreira de dereito na Universidade de Ottawa, especializándose nos dereitos dos pobos indíxenas e os seus dereitos territoriais, a lexislación das entidades indíxenas e a lei corporativa.[1]

 
Constant Awashish durante o seu xuramento como Gran Xefe do Atikamekw Sipi o 28 de setembro de 2014.

Durante as eleccións do 2 de setembro de 2014, foi elixido Gran Xefe do Conseil de la Nation Atikamekw (CNA), o consello tribal que reúne as tres nacións atikamekw, sucedendo a Eva Ottawa.[2] Como tal, tamén é o presidente da corporación do Conseil de la Nation Atikamekw.[3]

Poucos días despois, os xefes atikamekw declararon unilateralmente a súa soberanía sobre o seu territorio ancestral, o Nitaskinan, a través dunha reclamación integral.[4][5] O seu territorio abrangue 80 000 km2 ó norte de Trois-Rivières.[6] Os atikamekw xamais cederon ou venderon o seu territorio en ningún dos tratados.[7]

Notas editar

  1. Paloma Martinez (6 de outubro de 2016). "Constant Awashish, portrait d'un Grand chef". Radio Canada International (en francés). Consultado o 17 de marzo de 2017. 
  2. "La grand chef Eva Ottawa démissionne". Le Nouveliste (en francés). 18 de xuño de 2013. Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2016. Consultado o 17 de marzo de 2017. 
  3. Audrey Tremblay (4 de setembro de 2014). "Constant Awashish deviant le nouveau grand chef". Le Nouvelliste (en francés). Arquivado dende o orixinal o 08 de setembro de 2014. Consultado o 17 de marzo de 2017. 
  4. Pierre Trudel (2014). "Entrevue avec Constant Awashish, Grand Chef du Conseil de la Nation atikamekw". Recherches amérindiennes au Québec (en francés) 44: 119–121. ISSN 1923-5151. doi:10.7202/1027887ar. Consultado o 17 de marzo de 2017. 
  5. "Les Atikamekw declarant leur souveraineté". Radio-Canada (en francés). 8 de setembro de 2014. Consultado o 17 de marzo de 2017. 
  6. Alexandre Robillard (8 de setembro de 2014). "Les Atikamekws affirment leur souveraineté sur leur territoire". La Presse canadienne (en francés). Consultado o 17 de marzo de 2017. 
  7. Jean-Philippe Robillard (9 de setembro de 2014). "Déclaration de souveraineté : les Atikamekw sont-ils dans leurs droits ?". Radio-Canada (en francés). Consultado o 17 de marzo de 2017.