Para o xornal, visita The Connoisseur.

Un connoisseur (do Fr. connaisseur, de conoistre, connaître que significa "saber de algo") é unha persoa que ten gran coñecemento de belas artes ou un experto en xulgar en temas de gusto.

'A connoisseur' de DeScott Evans, 1887, óleo sobre lenzo. Colección privada.

Características editar

O connoisseurismo moderno vai unido ós museos, galerías de arte e "o culto á orixinalidade". Os connoisseurs avalían traballos de arte en termos de estética. O xuízo baseado na intuición é esencial, pero ten que ter alicerces nunha profunda comprensión do traballo en si mesmo. Baseándose nas evidencias empíricas, nunha percepción refinada da técnica e da forma e un disciplinado método de análise a responsabilidade do connoisseur é a de atribuír autoría, comprobar autenticidade e aprecia-la calidade. Estes datos pódense xuntar e organizar nun catalogue raisonne do traballo dun só artista o dunha escola.

Durante o século XVII, porén, o termo usouse a miúdo como sinónimo dunha persoa de vago gusto ou dun pretendido crítico.

En 1760, Oliver Goldsmith dixo: "A pintura converteuse nun obxecto único de coidado elegante. O título de connoisseur nesta arte é agora mesmo o pasaporte máis seguro en toda Sociedade elegante, unha programada dúbida, unha actitude admirábel e un ou dous toques exóticos de exclamación son suficiente para que homes de baixa circunstancia lamban cus."

En 1890, Giovanni Morelli escribiu: "Os connoisseurs de arte din dos historiadores de arte que eles escriben do que non entenden. Pola súa parte, os historiadores de arte menosprezan ós connoisseurs e miran para eles como escravos que recollen material para eles, pero que persoalmente non teñen nin o menor coñecemento da fisioloxía da arte."

No seu Meaning in the Visual Arts (1955), Erwin Panofsky explica a diferenza entre un connoisseur e un historiador de arte: "O connoisseur pode ser definido como un lacónico historiador de arte e o historiador como un locuaz connoisseur."

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar