Conduto torácico
O conduto torácico é o maior vaso linfático humano, que atravesa o tórax pola parte máis posterior.
A linfa é un líquido abrancazado ou rosado, con elevados niveis de triglicérdidos.
Descrición
editarO conduto torácico entra no mediastino superior á esquerda da liña media, e desprázase cara a ela ao longo do seu percorrido. Pasa por detrás do arco aórtico e da arteria subclavia esquerda, entre o esófago e a pleura parietal. Orixínase no abdome, coma unha confluencia de diversos vasos linfáticos. Á altura da segunda vértebra lumbar xa está constituído o conduto. Remata no tronco xugular esquerdo, que drena o sangue procedente do lado esquerdo de cabeza e pescozo.
O conduto porta contido linfático procedente dos troncos linfáticos abdominais, dos troncos linfáticos dos espazos intercostais inferiores, os troncos linfáticos intercostais superiores, os troncos mediastínicos posteriores e os troncos linfáticos diafragmáticos posteriores.
A rotura do conduto, xeralmente por traumatismo, produce a saída ao tórax de linfa (o que se denomina quilotórax). En roturas completas pode xerar perdas proteínicas moi elevadas, que fan preciso administrar albumina intravenosa. O peche da rotura adoita requirir peche cirúrxico e a inxección de colorante para atopar a apertura.