En psicolingüística, chámase condicionamento[1] a un mecanismo fisiolóxico de asociación entre un estímulo e un proceso de excitación interna ou externa repetido que a segue inmediatamente (ou polo menos pouco despois).

A asociación que realiza o individuo transfire a eficacia ao estímulo inicial que desencadea as reaccións que dependían inicialmente da excitación. Por exemplo, no famoso experimento do can de Pavlovski, a percepción do alimento desencadea o proceso de salivar nun can; se esa percepción do alimento é precedida dun son de campaíña varias veces, entón poderase desencadear a salivación con só o son da campaíña. O que se produciu foi unha transferencia de eficacia.

No así chamado condicionamento pavloviano, o suxeito pasivo sofre a situación experimental estímulo-resposta. En contraste con este, no condicionamento operante proposto por Skinner, o suxeito é libre de axir, mais a súa resposta é seguida dun reforzo que establece, así, o circuíto estímulo-resposta.

Este enfoque condutista resultou decisivo na formulación de diversas teorías. Especialmente, na adquisición da linguaxe, deu lugar á aparición do método condutista ou método audio-lingual.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para condicionamento.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar