Condado de Võru

Võru maakond
Flag of Võru County
Coat of Arms of Võru County
Bandeira Escudo de armas
Capital Võru
Gobernador Ülo Tulik
Área 2,305 km²
Poboación ;- Densidade 38,967
16.9/km²
Location of Võru County

O Condado de Võru ou Võrumaa (estoniano Võru maakond ou Võrumaa), é un dos quince condados (maakond) de Estonia.

XeografíaEditar

 
Suur Munamägi, con 318 m de altitude, é o punto máis alto de Estonia

O condado de Võru atópase no sueste da república de Estonia, fai fronteira cos condados de Valga e Põlva, alén de ser parte sueste da fronteira internacional de Estonia con Letonia e Rusia. O 2,9% do total da poboación de Estonia vive no condado de Võru. De tódolos lagos rexistrados no país, 191 deles están localizados no condado (ese número só é superado polo veciño condado de Valga). O lago Rõuge Suurjärv (o maior lago do municipio rural de Rõuge) é o lago máis profundo de Estonia (38 metros). O condado de Võru é a fonte hidrográfica para os ríos que seguen en dirección aos lagos Peipus e Pihkva, ao Golfo de Riga e ao lago Võrtsjärv. Deses ríos, o Piusa é o que presenta a maior amplitude de Estonia (208 metros). O río máis longo de Estonia, o Võhandu (162 km), tamén pasa polo condado. O condado de Võru está todo localizado no planalto de Haanja. Hai 19 montañas con alturas por riba de 280 metros, incluíndo o punto máis alto de Estonia e de toda a rexión Báltica, o Suur Munamägi, a pesar de ter só unha altura de 318 metros por riba do nivel medio do mar.

Goberno rexionalEditar

O goberno do condado (en estoniano Maakonnavalitsus) é dirixido por un gobernador ou maavanem, que é nomeado polo goberno de Estonia por un período de cinco anos.

Subdivisión administrativaEditar

 
Concellos do condado de Võru

O condado divídese en 13 concellos: un urbano (en estoniano linn; outra cidade, Antsla, é parte dun concello rural) e 12 municipios rurais (en estoniano vald).

Concellos urbanosEditar

Concellos ruraisEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar