O condado de Ivry era unha xurisdición feudal de Normandía, realmente un señorío aínda que ao estar gobernado por condes aparece nomeado como condado. A familia de Ivry ten unha xenealoxía complicada e incerta.

A casa condal tivo a súa orixe en Esperlengo de Pîtres, casado con Sprota, que antes fora concubina ou esposa de Guillerme I, o duque de Normandía, e da que tivo polo menos catro fillos, dos cales tres foron mulleres e un varón, coñecido como Raúl de Ivry, que foi o primeiro conde de Bayeux ao redor do ano 1000. Casou con Aubrea de Caville ou Cacheville e foi ela quen construíu o castelo de Ivry; Cando quixo expulsar ao seu marido do castelo, este matouna. Tiveron cinco fillos:

  • Dúas fillas, Emma e unha de nome descoñecido.

O duque de Normandía trala expropiación nomeou vizcondes en Bayeux. A familia de Ivry continuou polo seu lado xeralmente asociada ao señorío ou á baronía de Ivry. A través de Aubera (casado cun tal Roberto de Ivry) ou de Roger, fillos de Hugo, seguiron e xurdiron os fillos dun deles, Roberto III, que era señor en 1060, e o seu irmán Roger, mencionado en 1089. Ascelino I Goël aparece máis tarde como preboste de Ivry e foi o pai de Roberto III o Loiro, morto en data descoñecida pero despois de 1118, e de Guillerme I Louvel falecido despois de 1153. Este tivo un fillo de nome Galerano I, a partir do que parecen crearse dúas ramas. A primeira titulada Baróns de Ivry continúa con Roxerio I, Guillerme II, Roberto II, Xoán, Carlos, Guillerme III e Carlos III ata 1426. A segunda continúa con Roberto IV (m. 1213), Galerano II (que en 1221 se declarou vasalo do rei de Francia), Roberto V, (m. 1270), o seu irmán Galerano III (m. 1282), Roberto VI, e un familiar, chamado Roberto VIII Robinet, finado en 1323, señor en 1318.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar