Condado de Fulton, Xeorxia
O condado de Fulton (en inglés, Fulton County) é un condado no estado estadounidense de Xeorxia. No censo de 2000 o condado tiña unha poboación de 816.006 habitantes. A sede de condado é Atlanta, a capital estatal desde 1868 e a principal cidade da área metropolitana de Atlanta. De acordo con estimados da Oficina do Censo, a poboación do condado en 2009 era de 1 033 756, converténdose no primeiro condado de Xeorxia en superar a marca dun millón.[1][2]
Fulton County (en) ![]() | |||||
Nomeado en referencia a | Hamilton Fulton (en) ![]() ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Estado federado | Xeorxia ![]() | ||||
Capital | Atlanta ![]() | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.066.710 (2020) ![]() | ||||
Número de fogares | 427.379 (2020) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 1.385 km² ![]() | ||||
Auga | 1,4 % ![]() | ||||
Comparte fronteira con | Condado de Cherokee (pt) ![]() Condado de Fayette (pt) ![]() Condado de Cobb (pt) ![]() Condado de Carroll (pt) ![]() Condado de Douglas (pt) ![]() Condado de Clayton (pt) ![]() Condado de Forsyth (pt) ![]() Condado de Gwinnett Condado de Coweta (pt) ![]() Condado de DeKalb ![]() | ||||
Creación | 20 de decembro de 1853 ![]() | ||||
Código de departamento INSEE | 13121 ![]() | ||||
Identificador GNIS | 1694833 ![]() | ||||
Páxina web | fultoncountyga.gov ![]() | ||||
![]() ![]() |
Historia
editarO condado de Fulton foi creado a partir da metade occidental do condado de DeKalb en 1853. Crese que o condado foi nomeado en honor ao inventor Robert Fulton, quen deseñou o primeiro barco de vapor. Con todo, algúns investigadores cren que o condado puido ser nomeado na honra de Hamilton Fulton, un agrimensor do Western and Atlantic Railroad.[3] Pola contra, o goberno municipal sostén que o condado foi nomeado en honor a Robert Fulton.[4]
A principios de 1932, como unha medida de austeridade durante a Gran Depresión, os condados de Milton e Campbell foron anexados ao condado de Fulton. Isto deulle ao condado a súa forma alargada actual. O 9 de maio de 1932, o condado de Cobb cedeu a cidade de Roswell e outras terras ao oeste do Willeo Creek ao condado de Fulton para facilitar a conexión entre o centro do condado e as terras cedidas polo condado de Milton.
Goberno
editarO condado de Fulton é gobernado por unha xunta de comisionados de sete membros, os cales serven por un período de catro anos. O condado operaba baixo un sistema de administrador municipal, o cal asigna as operacións diarias do goberno municipal a unha persoa designada pola xunta. O presidente da xunta é elixido por todos os votantes do condado, mentres que os demais membros son elixidos en distritos separados.
Xeografía
editarSegundo a Oficina do Censo, o condado ten unha área total de 1.385 km² (535 sq mi), da cal 1.369 km² (529 sq mi) é terra e 15 km² (6 sq mi) (1,11%) é auga.
Condados adxacentes
editar- Condado de Forsyth (nordeste)
- Condado de Gwinnett (leste)
- Condado de DeKalb (leste)
- Condado de Clayton (sur)
- Condado de Fayette (sur)
- Condado de Coweta (suroeste)
- Condado de Carroll (oeste)
- Condado de Douglas (oeste)
- Condado de Cobb (oeste)
- Condado de Cherokee (noroeste)
Transporte
editarAeroportos
editarO aeroporto máis importante do condado é o Aeroporto Internacional Hartsfield-Jackson, o cal atópase parcialmente no condado (parte do aeroporto atópase no condado de Clayton. Así mesmo, o Fulton County Airport (Aeroporto do Condado de Fulton) atópase ao suroeste de Atlanta e proporciona servizos de aviación xeral.
Autoestradas importantes
editarDemografía
editarNo censo de 2000, houbo 816.006 persoas, 321.242 fogares e 185.677 familias residindo no condado. A densidade de poboación era de 1.544 persoas por milla cadrada (596/km²). No 2000 habían 348,632 unidades unifamiliares nunha densidade de 660 por milla cadrada (255/km²). A demografía do condado era de 48,1% brancos, 44,6% afroamericanos, 0,2% amerindios, 3,0% asiáticos, 0,04% insular do Pacífico, 2,60% de outras razas e 1,5% de dúas ou máis razas. 5,9% da poboación era de orixe hispano ou latino de calquera raza.
A renda media para un fogar do condado era de $49.321 e o ingreso medio para unha familia era de 58.143. $En 2000 os homes tiñan un ingreso medio de 43.495 $ fronte $32.122 para as mulleres. A renda per cápita para o condado era de 30.003 $e o 15,70% da poboación estaba baixo o limiar de pobreza nacional.
Localidades
editarNotas
editar- ↑ "Fulton County QuickFacts" (en inglés). Oficina do Censo dos Estados Unidos. Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2011. Consultado o 8 de xuño de 2010.
- ↑ Tharpe, Jim; Mary Lou Pickel (19 de marzo de 2009). "Despite economy, Fulton passes 1 million mark" (en inglés). The Atlanta Journal-Constitution. Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2012. Consultado o 8 de xuño de 2010.
- ↑ Carpenter, Cathy (26 de febreiro de 2010). "Fulton County" (en inglés). New Georgia Encyclopedia. Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2010. Consultado o 8 de xuño de 2010.
- ↑ "About Fulton County" (en inglés). Fulton County Government. Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2008. Consultado o 8 de xuño de 2010.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Sitio web do Condado de Fulton (en inglés)