Concrete and Gold

Concrete and Gold é o noveno álbum de estudio da banda estadounidense de rock alternativo Foo Fighters, publicado o 15 de setembro de 2017 a través do selo RCA Records. Foi producido por Greg Kurstin. Descrito polo grupo como un álbum onde "os extremos do hard rock e as sensibilidades pop chocan", Concrete and Gold preocúpase polo futuro dos Estados Unidos dende o punto de vista do líder da banda, Dave Grohl, coa caldeada atmosfera das eleccións de 2016 e a presidencia de Donald Trump citados como principais influencias por Grohl.

Concrete and Gold
Álbum de Foo Fighters
Publicado15 de setembro de 2017
Gravacióndecembro de 2016 - maio de 2017
Estudio(s)EastWest Studios, en Hollywood, California
Duración48:17
Xénero(s)hard rock, rock progresivo
Selo(s)RCA Records, Roswell Records
Producido porGreg Kurstin
Cronoloxía
Saint Cecilia
(2015)
Concrete and Gold -

Listaxe de cancións editar

Toda a música composta por Foo Fighters.

N.º Título Duración
1. "T-Shirt"   1:22
2. "Run"   5:23
3. "Make It Right"   4:39
4. "The Sky Is a Neighborhood"   4:04
5. "La Dee Da"   4:02
6. "Dirty Water"   5:20
7. "Arrows"   4:26
8. "Happy Ever After (Zero Hour)"   3:41
9. "Sunday Rain"   6:11
10. "The Line"   3:38
11. "Concrete and Gold"   5:31
48:17