Concello de Ockelbo
Ockelbo é un concello sueco no condado de Gävleborg.[1] A súa capital é a localidade de Ockelbo. No mes de decembro de 2024 o municipio tiña unha poboación de 5 715 habitantes.[2]
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Suecia | ||||
Condado | condado de Gävleborg ![]() | ||||
Capital | Ockelbo (en) ![]() ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 5.700 (2025) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 1.128,99 km² ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de xaneiro de 1971 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | ockelbo.se ![]() | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() |
A parte occidental do municipio está formada por terreo montañoso cuberto de coníferas e a oriental é relativamente cha. O establecemento da liña electrificada de ferrocarril "Norra stambanan" fixo que varias pequenas empresas se trasladasen a Ockelbo, converténdose a capital do concello nunha importante cidade estación.
Xeografía
editarO concello de Ockelbo atópase principalmente na parte noroeste da provincia histórica de Gästrikland, aínda que o distrito de Lingbo ao norte está no landskap de Hälsingland. O municipio limita ao norte cos concellos de Bollnäs e Söderhamn, ao leste co de Gävle, e ao sur co de Sandviken, todos eles no condado de Gävleborg, e ao oeste limita co municipio de Falu no condado de Dalarna.
Notas
editar- ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-12-31.
- ↑ "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-04.