Concello de Nyköping
Nyköping é un concello sueco no condado de Södermanland.[1] A súa capital é a localidade de Nyköping, que tamén é a capital do condado. No mes de decembro de de 2024 o municipio tiña unha poboación de 58 344 habitantes.[2]
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Suecia | ||||
Condado | condado de Södermanland ![]() | ||||
Capital | Nyköping ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 58.344 (2024) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 2.066,41 km² ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | Q10429051 ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | ||||
Creación | 1 de xaneiro de 1971: (Reforma municipal sueca de 1971) ![]() | ||||
Sucedido por | Concello de Trosa e Gnesta (municipio) ![]() | ||||
Evento clave
| |||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | nykoping.se ![]() | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
A meirande parte do concello de Nyköpings está cuberta de bosque, pero hai tamén grandes áreas de terreos agrícolas. Tamén hai terras de cultivo nas illas máis grandes do arquipélago interior. A actividade económica local apoiase sobre varios piares que inclúen a fabricación, as actividades municipais e rexionais e o aeroporto de Estocolmo-Skavsta.
Historia administrativa
editarA área do concello correspóndese coa das parroquias de Bergshammar, Bogsta, Bälinge, Bärbo, Halla, Helgona, Husby-Oppunda, Kila, Lid, Ludgo, Lunda, Lästringe, Nykyrka, Ripsa, Runtuna, Råby-Rånö, Sankt Nicolai (unha parte dela), Spelvik, Stigtomta, Svärta, Sättersta, Tuna, Tunaberg, Tystberga e Vrena. Nesas parroquias fundáronse coa reforma municipal de 1862 concellos rurais co mesmo nome. Na zona tamen estaba a cidade de Nyköping na que en 1863 formouse un concello urbano.
A cidade de Oxelösund separouse do municipio de Nikolai en 1950, e a área restante incorporouse simultaneamente á cidade de Nyköping.
Coa reforma municipal de 1952 creáronse varios grandes concellos na zona: Bettna (a partir dos anteriores concellos rurais de Bettna, Blacksta, Forssa, Husby-Oppunda, Vadsbro e Vrena), Jönåker (de Bergshammar, Kila, Lunda e Tuna), Rönö (de Lid, Ludgo, Ripsa, Runtuna, Råby-Rönö e Spelvik), Stigtomta (de Bärbo, Halla, Nykyrka e Stigtomta), Svärta, (de Helgona e Svärta), e Tystberga (a partir de Bogsta, Bälinge, Lästringe, Sättersta, Torsåker e Tystberga). O concello de Tunaberg e a cidade de Nyköping non se viron afectadas por esta reforma.
No ano 1967 o municipio de Svärta incorporouse á cidade. O concello de Nyköping naceu coa reforma municipal de 1971 a partir da cidade de Nyköping e dos concellos rurais de Jönåker, Rönö, Stigtomta, Tystberga e Tunaberg, así como de partes do municipio rural de Bettna (as parroquias de Vrena e Husby-Oppunda). En 1974 incorporáronse os concellos de Trosa, Vagnhärad, Daga e Gnesta. Estas áreas separáronse en 1992 e formaron o concello de Trosa e o concello de Gnesta.[3]
O 1 de xaneiro de 1992, unha área con 122 persoas foi trasladada do municipio de Nyköping e da parroquia de Lästringe ao municipio de Gnesta e á parroquia de Frustuna-Kattnäs.[4]
Xeografía
editarO concello está situado no sueste do landskap de Södermanland co mar Báltico ao leste. Nyköping limita ao oeste co municipio de Katrineholm, ao noroeste co de Flen, ao norte co de Gnesta, ao leste cos de Trosa e Oxelösund, todos no condado de Södermanland, e ao suroeste co de Norrköping, no condado de Östergötland. Ademais ten unha fronteira marítima co concello de Nynäshamn, no condado de Estocolmo, ao nordés.
Notas
editar- ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-12-31.
- ↑ "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-03.
- ↑ Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Bokförlaget Draking. ISBN 978-91-87784-05-7.
- ↑ "Befolkningsstatistik 1991 Del 1 Folkmängden och dess förändringar i kommuner och församlingar m m" (PDF). Statistiska centralbyrån. Consultado o 13 de marzo de 2025.