Concello de Munkfors

Munkfors é un concello sueco no condado de Värmland.[1] A súa capital é Munkfors. No mes de decembro de 2024 o municipio tiña unha poboación de 3 625 habitantes, sendo o 8º máis pequeno de Suecia en termos de poboación.[2]

Modelo:Xeografía políticaConcello de Munkfors
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 59°50′00″N 13°32′00″L / 59.8333, 13.5333
EstadoSuecia
Condadocondado de Värmland Editar o valor en Wikidata
CapitalMunkfors Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación3.623 (2025) Editar o valor en Wikidata (24,48 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie147,97 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude146 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1 de xaneiro de 1971 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webmunkfors.se Editar o valor en Wikidata
Facebook: munkforskommun Instagram: munkforskommun LinkedIn: munkfors-kommun Youtube: UCYUYSvB8-e5XcOWYb_7nocw Editar o valor en Wikidata

Historia administrativa

editar

A área do concello correspóndese á da parroquia de Ransäter, onde coa reforma muncipal de 1862 formouse o concello rural de Ransäter.

A localidade municipal de Munkfors estableceuse o 9 de maio de 1941 e disolveuse co combio de ano 1948/1949 cando se formou o köping de Munkfors a través da transformación do concello rural.

A reforma municipal de 1952 non afectou ás divisións da zona.

O actual concello de Munkfors naceu coa reforma municipal de 1971 a través da reorganización do köping de Munkfors.[3]

Xeografía

editar

O concello de Munkfors atópase no centro do condado de Värmland e limita ao norte e ao leste co municipio de Hagfors, ao sur co Forshaga e ao oeste co de Sunne, todos eles en Värmland.

Topografía e hidrografía

editar

A parte central do delta do río Klarälven no concello de Munkfors é unha importante atracción natural. O río serpentea ao través da paisaxe con meandros que en partes están cortados e cubertos, especialmente en lugares como Lillmossheden e Ängheden. Varios barrancos, como os de Stensdalen, Rudstorp e a granxa de Ransäter, desembocan no río Klarälven e contribúen ao seu carácter. As zonas ao oeste e ao leste do val están dominadas por montañanas cubertas de bosque con morenas e elementos de turbeiras. Ao sur do lago Rannsjön e debaixo do monte Skalltjärnsberget hai depósitos glaciares que enriquecen a diversidade xeolóxica da zona.[4]

División administrativa

editar

Ata o ano 2016 para cuestión de informes de poboación o concello estaba dividido na congregación de Forshaga-Munkfors, que tamén abarcaba o concello de Forshaga.

Dende 2016 o municipio divídese en dous distritos: Munkfors e Ransäter.[5]

Localidades

editar

No ano 2025 o 77,2 por cento dos habitantes vivían nalgunha das localidades do concello, unha porcentaxe menor ao da media do país, ue nese ano era do 87,8 por cento.[6] Segundo a Oficina Central de Estadística de Suecia (SCB) en 2023 o municipio só tiña un único tätort, a localidade de Munkfors, onde vivían 2 841 persoas.[7]

Economía e infraestruturas

editar

Economía local

editar

No concello de Munkfors a industria manufactureira é o sector que domina a actividade económica local, centrada principalmente na súa capital. A empresa máis grande do municipio é Voestalpine Precision Strip AB, que leva en funcionamento desde 1886 e está especializada na fabricación de bandas de aceiro de precisión laminadas en frío.

Na parte sur do concello o turismo xoga un importante papel, con atraccións como a granxa de Ransäter e a casa señorial de Geijersgården. Neses lugares hai oportunidades laborais dentro do sector turístico. Ademais, o sector público é un empregador importante e ofrece moitas oportunidades laborales para os residentes do municipio de Munkfors.[8]

Infraestruturas

editar

O concello está a travesado pola estrada nacional 62, que na súa maior parte segue o curso do Klarälven a través do municipio. A estrada comarcal 241, que une as localidades de Munkfors e Sunne, tamén atravesa parte do concello.[8]

Poboación

editar

En decembro de 2024 o concello de Munkfors tiña 3 625 habitantes, o que o sitúa no 283º posto entre os 290 concellos de Suecia.[2] Na táboa inferior pode verse a evolución de poboación dende 1810 da superficie que no presente forma o actual municipio.[9]

  1. "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-12-29. 
  2. 2,0 2,1 "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-11. 
  3. Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Draking. ISBN 978-91-87784-05-7. 
  4. "Munkfors - Uppslagsverk". www.ne.se. Consultado o 2025-03-10. 
  5. "Förordning om distrikt (SFS 2015:493)" (PDF). Regeringskansliet. Consultado o 10 de marzo de 2025. 
  6. "Kommuner i siffror". SCB. Consultado o 10 de marzo de 2025. 
  7. "Tätorter 2023 avgränsningar och befolkning". experience.arcgis.com. Consultado o 2025-03-10. 
  8. 8,0 8,1 "Munkfors - Uppslagsverk". www.ne.se. Consultado o 2025-03-11. 
  9. "Folkmängd 1810-1990". ddb.umu.se. Consultado o 14 de marzo de 2025.