Hammarö
Hammarö é un municipio sueco (kommun) do condado de Värmland.[1] O concello atópase principalmente na illa de Hammarön e limita ao norte co municipio de Karlstad. A súa capital é a localidade de Skoghall. En decembro do ano 2024 o concello tiña unha poboación de 16 992 habitantes.[2]
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Suecia | ||||
Condado | condado de Värmland ![]() | ||||
Capital | Skoghall (pt) ![]() ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 16.992 (2024) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 464,15 km² ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de xaneiro de 1971 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | hammaro.se ![]() | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Xeografía
editarO concello está formado pola illa de Hammarön, a de Vidön e as pequenas illas próximas no norte do lago Vänern, e trátase do concello de menor superficie terrestre do condado de Värmland. Atópase xusto ao sur da cidade de Karlstad e está formado principalmente por un arquipélago pintoresco, incluíndo o extremo sur de Hammarö co faro de Skage, e Grytudden con Sankt Olofsgrytan, onde comezaba unha ruta de peregrinación (que remataba en Trondheim). Hai varias reservas naturais (como Söön) e moitos lugares para bañarse. Unha ruta de aves migratorias pasa pola illa e hai unha estación de anelamento no extremo sur de Hammarö.
Notas
editar- ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-27.
- ↑ "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-28.