Comunidade Xermanófona de Bélxica
A Comunidade Xermanófona de Bélxica (en alemán: Deutschsprachige Gemeinschaft Belgiens) é unha das tres comunidades lingüísticas de Bélxica, con competencias ós nove municipios do leste de Valonia, na provincia de Liexa, que formaron parte de Prusia até 1918. A capital é Eupen.
Ostbelgien (de) | |||||
Epónimo | Eupen-Malmedy (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Bélxica | ||||
Capital | Eupen (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 75.222 (88,12 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua alemá | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 853,65 km² | ||||
Creación | 1984 | ||||
Organización política | |||||
• Minister-President of the German-speaking Community (en) | Oliver Paasch (pt) (2014–) | ||||
Órgano lexislativo | Parliament of the German-speaking Community (en) , (Escano: 25) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Páxina web | ostbelgienlive.be |
Non se debe confundir coas tres rexións federais nin coas catro rexións lingüísticas. A pesar do seu nome, a Comunidade Xermanófona de Bélxica é unha institución, e non un grupo de persoas. No seu territorio viven 70.400 dos 110.000 falantes de alemán de Bélxica.
Municipios da Comunidade Xermanófona
editar- Amel (Amblève)
- Büllingen (Bullange)
- Burg-Reuland
- Bütgenbach (Butgenbach)
- Eupen
- Kelmis (La Calamine)
- Lontzen
- Raeren
- Sankt Vith (Saint-Vith)
Administración
editarComponse dun Consello da Comunidade Xermanófona de 25 membros e un Deutschesprache Kulturat, de carácter princupalmente cultural, pero está previsto que nun futuro recibirá máis competencias. Polo de agora contan cunha emisora de radio, e en canto a escola, o ensino primario é principalmente en alemán, e o francés comeza a introducirse na secundaria. O principal xornal é Grenz Echo, publicado en Eupen.
Ligazóns externas
editar- Deutschsprachige Gemeinschaft Páxina Oficial da Comunidade Xermanófona de Bélxica. (en alemán)