Complexo do Espazoporto do Pacífico - Alasca

O Complexo do Espazoporto do Pacífico - Alasca (PSCA polas súas siglas en inglés), antes coñecido como Complexo de Lanzamento Kodiak, é un centro de lanzamento de foguetes espaciais dos Estados Unidos aberto en 1998.[1]

Modelo:Xeografía políticaComplexo do Espazoporto do Pacífico - Alasca
Imaxe

Localización
Mapa
 57°26′07″N 152°20′24″O / 57.4353, -152.34Coordenadas: 57°26′07″N 152°20′24″O / 57.4353, -152.34
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoAlasca Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Creación1998 Editar o valor em Wikidata

Características editar

O complexo foi fundado en xaneiro de 1998, cando a Corporación para o Desenvolvemento Aeroespacial de Alasca comezou os traballos para un espazoporto comercial na Illa Kodiak, a 400 km de Anchorage e a 40 km ao suroeste da cidade de Kodiak. A illa proporciona un amplo rango de acimuts para lanzamentos a órbitas polares, con inclinacións orbitais de entre 59° e 110°.[1]

Foi o primeiro complexo de lanzamento estadounidense non relacionado cun sitio de lanzamento federal, contando cunha superficie de 11 hectáreas na súa zona activa divididas en catro sitios: o centro de control e xestión de lanzamento (LCC), as instalacións de procesamento de cargas útiles (PPF), a instalación de procesamento e integración (IPF) e transferencia de montaxes (SCAT) e finalmente a estrutura de servizo e rampla de lanzamento (LP1). O complexo promóvese como un centro de lanzamento idóneo para enviar cargas de ata 3500 kg a órbitas polares e órbitas Molniya. O primeiro lanzamento feito desde o complexo tivo lugar o 5 de novembro de 1998, consistindo nun foguete suborbital da Forza Aérea para probar tecnoloxías de intercepción. O primeiro lanzamento orbital tivo lugar o 30 de setembro de 2001 mediante un foguete Athena 1.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2023). "Kodiak" (en inglés). Consultado o 31 de maio de 2023. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar