Comisión Española de Axuda ao Refuxiado

Comisión Española de Axuda ao Refuxiado (CEAR) é unha organización non gobernamental fundada en 1979. As súas finalidades son a defensa dos dereitos humanos, dos dereitos de asilo e dos refuxiados dende unha acción voluntaria, humanitaria, dependente e plural. Os valores que promove son a xustiza, a solidariedade, a liberdade, a igualdade, a independencia,... As principais actividades que desenvolven son: detección de casos de menores en risco, atención e seguimento de casos menores estranxeiros, acompañamento a menores en situación de risco e desamparo e atención de menores en situación de asilo.

Comisión Española de Axuda ao Refuxiado
editar datos en Wikidata ]

Pretenden levar a CEAR por Europa para iniciar e consolidar colaboracións permanentes con diversas entidades e organizacións que traballan no ámbito da Unión Europea, de cara a coñecer e participar nas distintas experiencias que se están a desenvolver en materia de acollida de integración sociolaboral de solicitantes de asilo e refuxiados en Europa.

Na actualidade, as comunidade autónomas onde se atopan son en Euskadi (CEAR Euskadi) e nas Illas Canarias (CEAR Canarias).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar