Combate de mulleres

pintura de José de Ribera

Combate de mulleres é unha pintura de José de Ribera realizada en óleo sobre lenzo. Consérvase no Museo do Prado en Madrid.

Combate de mulleres
ArtistaJosé de Ribera
Data1636
TécnicaPintura ó óleo sobre lenzo
Dimensións235 cm × 212 cm
LocalizaciónMuseo do Prado (Madrid, España España)

Historia editar

A pintura, datada e asinada, foi realizada en Nápoles en 1636,[1] como parte dun ciclo de máis de trinta cadros sobre a historia de Roma encargada a Giovanni Lanfranco, Domenichino, a propio Ribera e outros artistas.

Descrición editar

Represéntase un episodio lendario ocorrido en Nápoles en 1552: dúas mulleres, Isabella de Carazzi e Diambra de Pottinella, en presenza do Marqués do Vasto, rétanse a un duelo polo amor dun home chamado Fabio Zeresola. O tema da pintura tamén foi interpretado como unha alegoría da loita entre o Vicio e a Virtude.

Segundo a investigadora Isabel Mateo, tendo en conta a data na que o cadro foi pintado por Ribera e as insurreccións que houbo en Nápoles a partir de 1635,[2] podería suxerirse que o tema real desta pintura é unha representación dunha alegoría da loita nacionalista sobre o poder estranxeiro e feudal que caracterizou eses anos, e que proviñan do levantamento de 1585.[2]

Notas editar

  1. "Combate de mujeres" (en castelán). Consultado o 18 de xuño de 2016. 
  2. 2,0 2,1 Mateo Gómez, Isabel (1990). "El "Combate de mujeres" de Ribera". Boletín del Museo del Prado (en castelán) (Madrid) 11 (190): 15-18. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar