Comarca Naso Tjër Dei

A Comarca Naso Tjër Di é unha comarca indíxena de Panamá, que se atopa no extremo noroeste do país, a beiras do Río Teribe e adxacente á fronteira entre Costa Rica e Panamá. A comarca está habitada principalmente pola etnia naso, conformada por unhas 5000 persoas. Foi creada o 4 de decembro de 2020 e ten unha extensión de 1606,16 km², dos cales 1468,63 km² (un 91% do territorio) son áreas protexidas do Parque Internacional La Amistad e o bosque protector de Palo Seco.[1]

Modelo:Xeografía políticaComarca Naso Tjër Dei

Localización
Editar o valor em Wikidata
EstadoPanamá Editar o valor em Wikidata
CapitalSieyic (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie160.616 ha Editar o valor em Wikidata
ISO 3166-2PA-NT Editar o valor em Wikidata

Historia editar

O pobo naso, a través do seu rei, estivo reclamando nos últimos anos a conformación dunha comarca indíxena, ao ver que as demais etnias indíxenas en Panamá tiñan conformadas as súas, e tamén como unha forma de protexer a identidade cultural propia.[2]

O 25 de outubro de 2018, a Asemblea Nacional de Panamá aprobou o proxecto de lei 656 que creaba a comarca;[3] aínda que o presidente de Panamá daquelas, Juan Carlos Varela, vetouno o 14 de decembro do mesmo ano tomando en conta as preocupacións de sectores ambientalistas de que nunha zona protexida non podía erixirse unha comarca indíxena e que puidera estar en conflito cos artigos 4 e 120 da Constitución de Panamá.[4]

O caso foi levado á Corte Suprema de Xustiza de Panamá, onde o 12 de novembro de 2020 emitiu un fallo indicando que o proxecto de lei non entraba en conflito coa Constitución e ademais agregou que o pobo naso é un dos sete pobos indíxenas que ancestralmente habitaron Panamá, dando luz verde á creación da comarca.[5]

O 4 de decembro o presidente de Panamá vixente, Laurentino Cortizo Cohen, sancionou a Lei 188,[6] permitindo así a creación da nova comarca.[7][8][9][10]

División política editar

A capital da comarca é a comunidade de Sieyic, onde se encontra asentado o rei naso.[6]

A comarca está conformada polo distrito especial Naso Tjër Di, e á súa vez dividido en tres correxementos:[6]

Notas editar

  1. "Nueva comarca ocupará áreas protegidas en Bocas del Toro y Chiriquí". La Prensa. 28 de febreiro de 2019. Consultado o 6 de decembro de 2020. 
  2. TVN Noticias (4 de novembre de 2018). "Rey indígena de Panamá: si Varela no firma la ley, cerramos la frontera". Consultado o 8 de decembro de 2020. 
  3. TVN Noticias (25 de outubro de 2018). "Asamblea aprueba en tercer debate la creación de Comarca Naso". Consultado o 8 de decembro de 2020. 
  4. La Prensa (14 de decembro de 2018). "Por afectar áreas protegidas el presidente Varela veta proyecto de ley para crear la comarca Naso". Consultado o 8 de decembro de 2020. 
  5. Órgano Xudicial de Panamá (12 de novembro de 2018). "EL PLENO DE LA CSJ REITERA QUE LAS COMARCAS INDÍGENAS SON PARTE DE LA HERENCIA HISTÓRICA DE NUESTRA NACIÓN". Consultado o 8 de decembro de 2020. 
  6. 6,0 6,1 6,2 "Ley 188 que crea la Comarca Naso Tjër Di" (PDF). Gaceta Oficial de Panamá. 7 de decembro de 2020. Consultado o 8 de decembro de 2020. 
  7. "Laurentino Cortizo sanciona ley que crea la comarca Naso Tjër Di, la sexta de Panamá". Panamá América (en castelán). 4 de decembro de 2020. Consultado o 5 de decembro de 2020. 
  8. "Cortizo sanciona ley que crea la comarca Naso Tjër-Di". La Prensa. 4 de decembro de 2020. Consultado o 8 de decembro de 2020. 
  9. "Presidente Cortizo sanciona ley que crea la comarca Naso Tjër-Di". En Segundos Panama (en castelán). 2020-12-04. Consultado o 2022-03-14. 
  10. "Naso Tjër Di: Panamá convierte el último reino indígena de América en comarca". La Estrella de Panamá (en castelán). Consultado o 5 de decembro de 2020.