Colexio Santo Ángel

centro educativo concertado en Ourense

Coordenadas: 42°20′22″N 7°52′19″O / 42.339546729781, -7.8719578117768

O colexio Santo Ángel é un centro educativo plurilingüe, concertado e mixto da cidade de Ourense. Está na rúa Vila Real nº 6, e nel impártense Educación Infantil, Primaria e Secundaria Obrigatoria.

Colexio Santo Ángel
Parte máis antiga do centro
Enderezo
Datas
Educación
Xestión
Na rede

Historia editar

Ángela Santamarina, coñecida en Ourense como Angelita Varela decidiu transformar a capela, que con anterioridade construíra para gardar os restos dos seus familiares e para facer un museo cos recordos destes, nun asilo chamado Asilo Santo Ángel. Inaugurouse o 2 de xullo de 1925; o proxecto realizouse coa colaboración das Relixiosas Calasancias. Esta fundación tiña como finalidade acoller as nenas orfas dende os 5 ata os 15 anos. Nestes anos daríaselles unha educación primaria, formación cristiá e aprenderían a lavar, pasar o ferro, bordar, cociñar...

Porén, cando a sociedade cambiou, tanto no eido cultural como no académico, precisábanse máis recursos. Isto levouna a converter o asilo nun colexio. Cando esta proposta foi aprobada, pasouse a chamar Santo Ángel. Nese momento, o centro non só funciona para as orfas, senón que tamén abriu as portas a mozas internas e externas independentemente da súa clase social.

O colexio mixto actual foi orixinalmente un asilo para as orfas. Este continúa co seu principal labor, que é educar os nenos e nenas para que sexan membros útiles na sociedade. Foise transformando para adaptarse ás esixencias das novas leis dende a súa apertura ata hoxe.

Instalacións editar

 

No exterior ten un patio de pedras por onde entran os pais, nais e avós para recoller os nenos e nenas de E.Infantil. Un patio preparado para os nenos e nenas máis pequenos e pequenas do colexio. Tamén ten un patio exterior para o resto dos ciclos; este non é moi amplo e está decorado e pintado con xogos populares no chan e ten algunhas pintadas feitas por mestras e alumnado do centro.

A estrutura do edificio componse dunha entrada na que se atopa a dirección, a recepción, así como outras aulas para reunións e diversos departamentos. Distribúense en catro pisos nos que se atopan as aulas de todos os ciclos que abarca dito centro. Así mesmo, hai unha clase de psicomotricidade para os máis pequechos e pequechas. Un laboratorio, unha sala de audiovisuais, unha aula de música, un taller de tecnoloxía, unha biblioteca, unha aula de informática, un salón vermello para actuacións teatrais e unha capela.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar