Coiro de Pita

O premio Coiro de Pita é un premio de artes escénicas que se outorga anualmente no Porriño. É un premio do público, que entrega a Sala Ingrávida ao mellor espectáculo da tempada. Vótao o público da propia sala entre as compañías de teatro profesionais que participaron da tempada de programación[1].

Ano Compañía Gañadora Espectáculo
2015 Inversa teatro Té con Kant
2016 Ibuprofeno Teatro A filla de Woody Allen
2017 Anómico Teatro Julieta Virtual
2018 Avelina Pérez Os cans non comprenden a Kandinsky
2019 Mortificación Teatro Porkulo[2]

NotasEditar

  1. "Coiro de Pita". www.salaingravida.gal. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2020. Consultado o 2020-04-05. 
  2. erregueté (2019-07-14). "Mortificación Teatro gaña o Premio Coiro de Pita". Erregueté. Consultado o 2020-04-05.