Cogomelo das rapadoiras

Agaricus bitorquis é unha especie de fungo comestible, basidiomiceto da familia Agaricaceae.

Características

editar

A forma do chapeu (píleo (micoloxía)) é convexa e é plano na súa parte superior; seco, suave e branco, mide entre 4 e 15 centímetros de diámetro.

É un fungo que se estende por América do Norte e Europa, crece nos xardíns e nos roleiros dos camiños especialmente nos que recibiran sal de combater o xeo na invernía. Prodúcese e madura baixo terra.

Comestibilidade

editar

É un comestible de sabor areoso, debido ao seu hábitat subterráneo. A súa carne é sólida, firme e de suave recendo. Cultívanse, pois son resistente ás enfermidades virais e poden desenvolverse en altas temperaturas, o que facilita o seu cultivo durante todo o ano.

  1. Mendaza, A. (2006). Otras 50 setas comestibles. Iberdrola. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar