Code 128 é un código de barras de alta densidade, usado amplamente para a loxística e paquetería. Pode codificar caracteres alfanuméricos ou so numéricos. Con este código é posible representar todos os caracteres da táboa ASCII, incluídos os caracteres de control.

"Wikipedia" codificado en Code 128-B.

Para comprender como se codifica este código, debemos ter en conta que cada ASCII se codifica mediante 11 barras.

Por exemplo , o carácter ASCII <espazo> está formado por:

  • Dúas barras negras
  • Unha barra branca
  • Dúas barras negras
  • Dúas barras brancas
  • Dúas barras negras
  • Dúas barras brancas
  • Total = 11 barras.

O código en realidade inclúe seis zonas:

  • Á esquerda, unha zona en branco que debería ter a lonxitude de dous caracteres.
  • O carácter de inicio.
  • Un número variable de caracteres ASCII e é o máis útil deste código.
  • Un díxito para verificar a integridade dos datos.
  • Un carácter de fin ou "Stop character"
  • Á dereita, unha zona en branco equivalente a dous caracteres.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar