"Cochise" é o primeiro sinxelo do supergrupo estadounidense Audioslave, editado o 14 de outubro do 2002 como parte de seu álbum de estrea Audioslave. Apareceron dúas versións, unha coa capa negra e outra con ela branca. A súa diferenza é que mentres a negra só contén a canción do título, a branca inclúe tamén "We Got the Whip", unha versión ao vivo de "Gasoline" e o vídeo musical de "Cochise".
Listaxe de cancións
editar
- "Cochise" - 3:42
- "We Got the Whip" - 4:05
- "Gasoline" (Live from Letterman) - 4:43
- "Cochise" (Vídeo Version) - 3:42