Cobán é un municipio e a capital do departamento de Alta Verapaz, localizado na República de Guatemala. No ano 2000 a poboación foi estimada nuns 70.000 habitantes.

Modelo:Xeografía políticaCobán
Imaxe

Localización
Mapa
 15°29′00″N 90°22′00″O / 15.4833, -90.3667Coordenadas: 15°29′00″N 90°22′00″O / 15.4833, -90.3667
EstadoGuatemala
DepartamentosDepartamento de Alta Verapaz Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación228.664 (2021) Editar o valor em Wikidata (107,25 hab./km²)
Xeografía
Superficie2.132 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude1.320 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Ixcán (en) Traducir
Santa Cruz Verapaz (pt) Traducir
Chisec (pt) Traducir
Tactic (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Creación4 de agosto de 1543 Editar o valor em Wikidata
Santo padrónDomingos de Guzmán Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal16001 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico502 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webmunicoban.com Editar o valor em Wikidata

A cidade foi fundada por frades dominicos en 1543. Anos despois foi declarada Cidade Imperial por Carlos V.

O municipio de Cobán localízase na parte central do país, que é unha rexión na que se dá o café e o cardamomo, industrias xeradas por inmigrantes alemáns no século XIX. Está localizada no medio dunha plataforma cárstica, convertendo esta zona en meca de grutas e cavernas para os espeleólogos.

Toponimia editar

O seu nome provén da lingua qʼeqchiʼ, que significa "entre nubes" e é que a rexión é moi chuviosa, incluso con orballo perenne, que dura até varios días chamado polos locais "chipi chipi". A día de hoxe, debido ós cortes de árbores nos bosques, este fenómeno é menos común e as temporadas chuviosas son máis copiosas pero menos constantes.

Xeografía e clima editar

A cidade de Cobán está localizada a 212 km da cidade de Guatemala. Atópase na lat 15° 28' 07" e lonx 90° 22' 36". Conta cunha extensión territorial de 2,132 km². Debido a que o terreo é cárstico na súa maioría, a súa topografía é variada, con montañas e simas ou siguáns que pasan os 1.000 m de elevación e os 100 m de profundidade respectivamente. As terras descenden até uns 300 metros sobre o nivel do mar na área norte, no carón do departamento de Petén.

A climatoloxía varía en relación coa elevación e sinuosidade do terreo.

Festas editar

  • Festival de Indíxenas de Guatemala, a finais de xullo.
  • Media Maratón de Cobán desde 1974 na terceira fin de semana do mes de maio.
  • Tamén son importantes as festas dos barrios San Marcos, Santo Domingo, San Juan e Santo Tomás, cada unha organizada pola súa propia confraría.

Gastronomía editar

En Cobán elabóranse numerosos pratos típicos como o kaq ik, que ten como ingrediente principal o pavo crioulo, de patio ou "chunto", ave que foi introducida polos españois a partir do século XV, orixinaria de Norteamérica e México, e que os cobaneros aprecian moito. Entre as bebidas que se utilizan en celebracións está o kakaw, que é unha bebida amarga feita de sementes de cacao que se moen e mesturan con outras especias para facer unha especie de batido.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar