Club Patinaxe Artística Condado

club deportivo galego

O Club Patinaxe Artística Condado é un club deportivo galego con sede en Salvaterra de Miño, dedicado á patinaxe artística. Fundouse en decembro de 2009 con 13 patinadoras, en 2019 tiña 77 patinadoras/es de 4 a 19 anos. Este club xestiona as escolas de Ponteareas e Leirado, onde se preparan os/as nenos/as para entrar a formar parte do club. O club emprega o pavillón polideportivo municipal Cándido Carreira Estévez, cunha pista polideportiva de madeira e bancadas para máis de mil persoas.

Club Patinaxe Artística Condado
Tipoclub deportivo
Deportepatinaxe artística sobre rodas
Data de fundacióndecembro de 2009
SedeSalvaterra de Miño
PaísGalicia
Na rede
Facebook: cpacondado Instagram: cpacondado Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Disciplinas competitivas editar

Dentro da patinaxe artística sobre rodas abrangue nas seguintes disciplinas competitivas:

Patinaxe libre. Esta modalidade consta de primeira e segunda categoría e niveis. Os patinadores/as poden acceder a calquera delas, dependendo das súas habilidades técnicas, someténdose ás diferentes probas de acceso. O club con representación nas categorías femininas de idade benxamín, alevín, infantil e cadete.

Patinaxe Show. Ten representación actualmente en dúas categorías.

O Grupo Pequeno, formado por 8 patinadoras de 16 a 19 anos, creouse en 2018 e no seu primeiro ano de competición xa conseguiu un terceiro posto no Campionato Galego celebrado en Santiago, un segundo posto na Copa de España celebrada en Alcoi, un terceiro posto no Trofeo Cidade de Vigo e un segundo posto no Trofeo Salvaterra Milenaria. No ano 2019 participaron no Campionato Galego e obtiveron unha segunda posición, no Campionato de España clasificaronse décimo segundas e no Trofeo Internacional Concello de Vigo onde conseguiron unha segunda posición. O Grupo Júnior, formado por 12 patinadores/as de 12 a 17 anos, comezou competindo con 9 patinadoras en segunda categoría no ano 2014 e conseguiu unha terceira posición no Campionato Grupos Show. No ano 2015 gañaron o Campionato Galego de segunda categoría e no XVIII Trofeo Internacional a Latina obtiveron un segundo posto. No 2016 gañaron o Campionato Galego e lograron o pase ao Campionato de España que se celebrou en Alcoi. Clasificáronse décimo terceiras. Tamén participan no Trofeo Internacional Concello de Vigo na categoría xuvenil e conseguen un segundo posto. No ano 2017 participaron no Campionato Galego e volveron conseguir un segundo posto. Participan no VIII Campionato de España e obtiveron un oitavo posto. En abril dese mesmo ano gañan o Trofeo Internacional Concello de Vigo. No 2018 gañaron o Campionato Galego e conseguiron un décimo terceiro posto no Campionato de España. No 2019 participaron no Campionato Galego e quedan en segundo posto; quedaron novenas no Campionato de España. Así mesmo, obtiveron a terceira posición no Trofeo Internacional Concello de Vigo.

Trofeo Salvaterra Milenaria editar

O Club organiza desde o ano 2018 o Trofeo Salvaterra Milenaria que no ano 2019 acolleu un total de 450 patinadores/as e 23 clubs, entre os que estiveron o campión galego en grupos grandes, o campión galego en grupos cuartetos e as actuais campioas galegas e subcampioas de España en grupos pequenos. Ademais, o Trofeo organizado polo Condado foi de ámbito internacional, polo que incluíu varios grupos de Portugal e os actuais campións de Portugal en grupos show cuarteto que, xunto ao CPA Gondomar, participarán nos World Roller Games de Barcelona 2019.

Directiva editar

A directiva do club está composta polo presidente Eduardo Caride, unha secretaria, unha tesoureira e catro vocais. O adestrador do club é Eduardo Caride Figueroa (Vigo, 1988), tamén xuíz e presidente do club. Comezou a patinar con cinco anos, e acadou o terceiro posto no mundial de 2005 co Club Valladares.[1]

Notas editar

  1. "Eduardo Caride bronce mundial". Federación Española de Patinaje (en castelán). 21 de novembro de 2005.