Club Natació Barcelona
| ||||
---|---|---|---|---|
Nome completo | Club Natació Barcelona | |||
Ano de fundación | 10 de novembro de 1907 | |||
Alcumes | Blaugranas ou culés | |||
Cores | azul e granate | |||
Estadio | Palau | |||
Presidente | Sebastià Millans |
O Club Natació Barcelona é un club polideportivo da cidade de Barcelona, Cataluña, que destaca principalmente en natación e wáter-polo.
Historia
editarO espírito deportivo de Bernat Picornell e un grupo de amigos máis, clientes do ximnasio Solé, fixo que o 10 de novembro de 1907 se fundase o Club Natació Barcelona. É o club máis antigo da natación española, e o fundador das federación catalá e española, ademais do Comité Olímpico Español. O 5 de decembro de 1996 foi creada a Fundación Club Natació Barcelona, que axudou a promover a cultura social e deportiva da dos deportes acuáticos.
En wáter-polo é o equipo que máis veces foi campión da Liga Española de Wáter-polo, en 59 ocasións.
Seccións
editar- Natación: Dende 1907
- Wáter-polo: 59 títulos de liga, 2 Copas LEN, 7 Copas do Rei, 3 Ligas Catalás.
- Salto de trampolín
- Vela
- Rugby: A sección de rugby do CN Barcelona foi un dos primeiros equipos deste deporte formados en España. A sección foi creada en 1922, só un ano despois da fundación da UE Santboiana (o decano do rugby español). O equipo gañou 2 Copas do Rei nos anos 1957 e 1963, e participou 12 tempadas na División de Honra, acadando un subcampionato no ano 1974. Recentemente a sección de rugby do CN Barcelona desapareceu.
Presidentes
editar- Bernat Picornell
- Pau Palau
- Albert Middelman
- Ròmul Bosch
- Pius Cabanyes
- Francesc Puig
- Fèlix Carol
- Ferran Sans
- Nemesi Ponsati
- Lluís Sentís
- Albert Assalit
- Leandre Ribera
- Joan Santaularia
- Sebastià Millans
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar