Club Escola Hungaresa de Esgrima de Pontevedra

O Club Escola Hungaresa de Esgrima de Pontevedra é un club de esgrima da cidade de Pontevedra (Galiza). O club ten como obxectivo introducir e fomentar a práctica da esgrima na cidade.

Historia editar

O club foi promovido polo mestre hungarés de esgrima Imre Dobos, fundador e director do Club Esportiu Escola Hongaresa d'Esgrima de Barcelona, nacendo no ano 2007 o Club Deportivo Escola Hungaresa de Esgrima de Pontevedra.

Actividades editar

As actividades do club están abertas á xente desde os 8 anos en adiante e sen límite superior de idade, e están divididas en tres apartados:

  • Esgrima de base ou de iniciación:

Achega aos máis pequenos ao mundo da esgrima para que se familiaricen coas pautas e conceptos básicos da modalidade.

  • Esgrima de tecnificación:

Promove entre os seus tiradores a aprendizaxe de técnicas complexas e especializadas que lles permitan acadar un nivel competitivo óptimo, podendo participar en eventos e competicións de ámbito nacional, estatal e internacional.

  • Esgrima lúdica e de lecer:

Para realizar unha actividade física e mental, técnica e táctica; aprender unha técnica que proporciona coordinación, concentración, ritmo, axilidade etc; desconectar da rutina diaria, relaxarse, distraerse e buscar un entretemento; entre outras.

Así mesmo, complementando a práctica da esgrima deportiva e os adestramentos, o club pretende dar a coñecer a disciplina fomentando a organización de competicións, cursos e obradoiros de iniciación e tecnificación, exhibicións públicas e representacións de esgrima escénica e teatral.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar