Abrir o menú principal

Club Deportivo Xil

O Club Deportivo Xil é un equipo de fútbol da parroquia de Xil, no concello de Meaño, fundado en 1973. Na tempada 2015/16 xogou en Terceira Autonómica de Galicia e rematou en cuarta posición.

HistoriaEditar

Na década de 1930 o equipo local xogaba no campo do Pazo e no da Cagallona, nunha competición local contra equipos como o Libertad e o Xuventú de Sanxenxo, O Empalme de Sisán, O Racha de Vilalonga, o Xa Virán de Castrelo, o Anduriña ou o Pontearnelas. O equipo desapareceu na década de 1940. O mestre José Durán Medaniche intentou recuperar o equipo co nome de Deportivo Gilense, mais a proposta non prosperou.

A rapazada seguiu xogando no campo do Pazo. Horacio Castro -primeiro presidente do club- e Miguel de Quinteiro propuxeron crear un equipo federado e acondicionar un campo. Creouse o campo de Boavista, coas achegas e o traballo da veciñanza. A idea inicial era vestir camiseta vermella e pantalón branco, mais a empresa patrocinadora Celso Míguez enviou por erro unhas camisetas con raias verticais vermellas e negras, que quedou como vestimenta oficial. O campo de Boavista inaugurouse o 23 de xuño de 1973 ante unha selección galega. O equipo local, adestrado por Leonardo Martínez, caeu derrotado 1-4.

Na temporada 1973-74 comezaron a xogar na liga federada, se ben remataron no último posto con sete puntos. O primeiro gol oficial foi do meañés Luis Rodríguez ante o Céltiga, nun partido que rematou con derrota para o Xil por 2-3. A primeira vitoria chegou o 13 de xaneiro de 1974, na terceira xornada, ante o Unión Dena por 0-2, con dous goles de Sueiro.

Na temporada 1976-77 descendeu a terceira rexional, un ano despois de que se crease esta categoría.