Club Deportivo Vitoria
O Club Deportivo Vitoria é un club de fútbol español da cidade de Vitoria-Gasteiz, en Áraba (País Vasco). Foi fundado en 1945 e actualmente xoga na Segunda División B Española.
CD Vitoria | |||
---|---|---|---|
Nome | Club Deportivo Vitoria | ||
Alcume(s) | Rojillos | ||
Fundación | 1945 | ||
Estadio | Olaranbe, Vitoria-Gasteiz, España | ||
Capacidade | 4.000 | ||
Presidente | ![]() | ||
Adestrador | ![]() | ||
Liga | Segunda División B | ||
2017–18 | 15º | ||
Na rede | |||
http://www.clubdeportivovitoria.es/ | |||
| |||
Historia
editarFundado en 1945, baixo a denominación de Sociedad Deportiva Armentia y Corres que foi substituída en 1948 pola denominación de Club Deportivo Vitoria.
O Vitoria viviu os seus anos dourados entre as tempadas 1955-56 e 1962-63, ao disputar 6 tempadas en Terceira División, chegando a disputar un play-off de ascenso a Segunda División e coincidindo co principal equipo da cidade, o Deportivo Alavés, dando lugar a choques de gran rivalidade. Ademais, nesa época contaba con gran cantidade de seccións, tales como atletismo, ximnasia, balonmán ou baloncesto, ademais dun equipo filial, o CD Vitoria Txiki.
Tras a perda da categoría, non sería ata a tempada 2006-2007 cando se volveu á Terceira División, onde só puido permanecer un ano ao terminar como pechacancelas do grupo. Coincidindo co ascenso resucítase o CD Vitoria B, que desaparece tras disputar unha tempada na Primeira Rexional.
Na tempada 2010/2011, o Vitoria convértese no único equipo que non perde un só partido en todas as categorías do fútbol nacional e consegue un novo ascenso a Terceira División. A pesar de todo, perde a categoría a tempada seguinte. Tras tres tempadas na Rexional Preferente, da man de Joseba Pérez, o equipo vitoriano consegue o ascenso á Terceira División.
Ademais, no ano 2015 o conxunto rojillo recibiu, xunto con outros 9 equipos afeccionados de Áraba a Medalla de Ouro de mans do deputado xeral Javier de Andrés como premio ao tesón e esforzo das persoas que traballaron nestes clubs durante máis de cinco décadas.4 Confirmado o seu ascenso a Terceira, en xuño de 2015, o club rojillo chega a un acordo coa SD Eibar para converterse no filial do conxunto armeiro ata xuño de 2016, existindo a posibilidade de prorrogar o contrato anualmente. Así a SD Eibar cobre a necesidade de contar cun filial tras a desaparición da SD Eibar B, mentres o equipo vitoriano consegue unha fonte de ingresos importante e a posibilidade de contar cun equipo competitivo con novas promesas, aínda que o equipo seguirá xogando en Vitoria coas cores orixinais do equipo e contará cun mínimo de xogadores locais.
Na tempada 2016-17 o equipo conseguiu o seu primeiro ascenso a Segunda B tras clasificarse para o play-off de ascenso ao finalizar en segunda posición e eliminar ao CD Azuaga estremeño (0-0, pasou nos penaltis cunha grande actuación de Markel Areitio), ao Club Atlético Cirbonero navarro (5-0), e ao Atlético Astorga leonés (2-2, polo valor dobre dos goles marcados como visitante). Durante a celebración dos play-off informouse da absorción do CD Torpedo-ZuriBeltz (Rexional Preferente de Áraba), sendo o seu adestrador o ex xogador do club Sergio Santano. Para a tempada 2017-18 produciuse un cambio no banco, tras a marcha de Arkaitz Lakanbra á secretaria técnica da SD Eibar, coa chegada do extécnico da SD Leioa, Igor Gordobil.
Estadio
editarO CD Vitoria disputa os seus partidos como local no estadio municipal de Olaranbe, en Vitoria-Gasteiz.
Ata 2016, xogaba os seus partidos nas instalacións municipais de Betoño, concretamente no campo de herba natural que posúe unha bancada con capacidade de 400 espectadores. A tempada 16/17 xogou como local no estadio Arrate da localidade de Langraiz Oka, cuxo campo é de herba artificial e a súa capacidade dunhas 1.000 persoas.
Datos do club
editarPalmarés
editar- Subcampión da Terceira División (2): 1960-61, 2016-17
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Sitio web oficial Arquivado 23 de xaneiro de 2021 en Wayback Machine. (en castelán)