Clorofila f

composto químico

A clorofila f é un tipo de clorofila, que funciona como pigmento fotosintético e absorbe máis luz infravermella que outras clorofilas.[2][3] Foi atopada en cianobacterias de estromatólitos de Shark Bay en Australia Occidental[4] por científicos da Universidade de Sydney dirixidos polo profesor Min Chen, e foi o primeiro descubrimento dunha nova forma de clorofila feito nos últimos 60 anos.[4] Porén, a función da clorofila f nas reaccións fotosintéticas non está moi clara e a distribución ecolóxica desta clorofila é descoñecida.

Clorofila f
Propiedades
Fórmula molecular C55H70O6N4Mg[1]
Masa molecular 907,4725 g/mol
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

Baseándose en datos de resonancia magnética nuclear (RMN), espectroscopia óptica e espectrometría de masas e en simulacións da teoría do funcional da densidade (DFT, density functional theory), confirmouse que ten unha estrutura de C55H70O6N4Mg ou [2-formil]-clorofila a.[1][2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Willows, Robert D.; Li, Yaqiong; Scheer, Hugo; Chen, Min (15 March 2013). "Structure of chlorophyll f". Organic Letters. doi:10.1021/ol400327j. 
  2. 2,0 2,1 Chen, M. .; Schliep, M. .; Willows, R. D.; Cai, Z. -L.; Neilan, B. A.; Scheer, H. . (2010). "A Red-Shifted Chlorophyll". Science 329 (5997): 1318–1319. Bibcode:2010Sci...329.1318C. PMID 20724585. doi:10.1126/science.1191127. 
  3. Ferris Jabr (August 19, 2010). "A New Form of Chlorophyll?". Scientific American. Consultado o 2010-09-07. 
  4. 4,0 4,1 University of Sydney, ed. (20 August 2010). "Australian scientists discover first new chlorophyll in 60 years".