Clorato
composto químico
Non confundir con Cloruro.
O clorato é unha substancia derivada do radical (ClO3-), o ión trioxoclorato (nomenclatura da IUPAC). Polo tanto, calquera sal do ácido clórico HClO3. O cloro ten estado de oxidación +V.
Os cloratos son oxidantes fortes, aínda que poden ser oxidados a percloratos (substancias co radical ClO4-). Polo seu carácter oxidante e grande inestabilidade asociada a el, non se atopan na natureza.
Algúns cloratos:
- clorato de sodio (NaClO3)
- clorato de potasio (KClO3)
- clorato de bario (Ba[ClO3]2)
- clorato de amonio (NH4ClO3)
- clorato de estroncio (SrClO3)
- clorato de cromo (III) (Cr[ClO3]3)
- clorato de magnesio (Mg[ClO3]2)
Estrutura e ligazóns
editarO ión clorato non pode ser representado de xeito satisfactorio por unha estrutura de Lewis, pois todas as ligazóns Cl–O teñen a mesma lonxitude (1.49 Å no clorato de potasio), e o átomo de cloro é hipervalente. Non obstante, con frecuencia é presentado como un híbrido de múltiples estruturas resoantes: ----
Este artigo sobre química é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |