Clodoveo II
Clodoveo II, nado en 635 e finado en 657, foi rei dos francos. Tamén foi rei de Neustria e de Borgoña desde o 638 ao 657 e tamén de Austrasia desde o 656 ao 657; era fillo de Dagoberto I e de Nantilde.
Clodoveo II | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | c. 635 e 635 |
Lugar de nacemento | valor descoñecido |
Falecemento | 657, 27 de novembro de 657 e 31 de outubro de 657 |
Lugar de falecemento | Saint-Denis |
Soterrado | Basílica de Saint-Denis |
Nacionalidade | Reino franco |
Ocupación | monarca |
Pai | Dagoberto I |
Nai | Nanthild |
Cónxuxe | Batilde |
Fillos | Clotario III, Teodorico III, Rei franco e Khilderico II |
Irmáns | Sixeberto III e Regintrud |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Durante a súa minoría de idade foi o seu rexente Erquinoaldo, mordomo de palacio de Neustria.
Casado, en 648, con Santa Batilde (falecida en 680, no mosteiro de Chelles), foron pais de Clotario III, rei de Neustria (Soissons) e Borgoña, Teodorico III, rei de Neustria e Borgoña, e de Khilderico II, rei de Austrasia.