Cleopatra Kambugu Kentaro

Cleopatra Kambugu Kentaro é unha activista de Uganda que loita polos dereitos humanos e muller trans. Apareceu no documental galardoado en 2016 The Pearl of Africa.[1]

Infotaula de personaCleopatra Kambugu Kentaro

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1984 Editar o valor em Wikidata (39/40 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeUganda Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Makerere (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactivista LGBT Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Kentaro medrou con 11 irmáns, e dálle crédito ó seu pai por criar ós seus fillos coa capacidade de "expresarse sen medo e con albedrío".

Kentaro obtivo unha licenciatura en Agricultura (patoloxía de cultivos, biotecnoloxía, e xenética) na Facultade de Ciencias Agrícolas e Medioambientais de Kampala da Universidade de Makerere.[2]

Comezou a cuestionar a súa identidade de xénero durante os seus estudos na universidade, primeiro investigando concepcións de xénero non binario en diferentes culturas a través da biblioteca e Internet. Despois, ao redor dos 23 anos, comezou a descubrir a comunidade de LGBT de Uganda.

Antes de alcanzar o estrelato, viuse obrigada a fuxir da súa Uganda natal após que a homosexualidade fora prohibida alí, atopando refuxio en Kenya.[1] Foi declarada publicamente transxénero en 2013 na portada do tabloide máis grande de Uganda, Red Pepper. Isto ocorreu unha semana após a aprobación da Lei contra a homosexualidade de Uganda o 20 de decembro de 2013 no Parlamento de Uganda.

The Pearl of Africa editar

Cleo comezou a compartir a súa historia na popular serie web The Pearl of Africa, a cal foi adaptada unha longametraxe documental que se estrenou o 30 de abril de 2016 no Hot Docs Canadian International Documentary Film Festival. En The Pearl of Africa, Kentaro emprende "unha viaxe íntima máis aló das restricións binarias para descubrir a súa identidade", un proceso que atopou difícil debido ás normas africanas de masculinidade.[1] O director Jonny Von Wallström seguiu a Cleopatra Kambugu Kentaro e o seu amante Nelson durante 18 meses, durante os cales Kentaro traballou para mellorar o benestar da comunidade de LGBT de Uganda a pesar da crecente discriminación.

Carreira editar

Kentaro traballa como administradora de subvencións para East African Sexual Health and Rights Initiative (UHAI EASHRI), apoiando a sexualidade, saúde, e dereitos humanos das minorías.[3] Aboga por unha discusión aberta sobre xénero e sexualidade en África, a pesar da incomodidade que nota con respecto ó sexo.[1]

Kentaro está traballando para obter unha mestría en Bioloxía Molecular e Biotecnoloxía da Facultade de Medicina Veterinaria e Bioseguridade de Recursos Animais da Universidade de Makerere. Traballou en varios proxectos diferentes co Centro Nacional de Biotecnoloxía e o Instituto Nacional de Investigación de Recursos de Cultivos Agrícolas, centrándose principalmente na bioloxía molecular do banano e a mandioca das terras altas de África Oriental, co obxectivo de aliviar a pobreza e a fame.[2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Cleopatra Kambugu Kentaro" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2021. Consultado o 2021-03-09. 
  2. 2,0 2,1 "Cleo Kambugu-Advisory Board Member at Astraea Lesbian Foundation for Justice" (en inglés). Consultado o 2021-03-09. 
  3. "Cleo Kambugu-East Africa" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2021. Consultado o 2021-03-09. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar