Clemantine Wamariya
Clemantine Wamariya, nada en Kigali en 1988[1] é unha escritora e activista polos dereitos humanos de Ruanda.[2]
(2017) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1988 (35/36 anos) Kigali, Ruanda |
Residencia | San Francisco |
Educación | Universidade Yale |
Actividade | |
Ocupación | escritora, Activista polos dereitos humanos |
Premios | |
| |
Páxina web | clemantine.org |
Traxectoria
editarNada nunha familia do pobo tutsi, viuse obrigada a deixar a súa casa e os seus pais aos seis anos durante o xenocidio de Ruanda. O seu pai era un home de negocios no sector do transporte por taxi, e a súa nai unha xardineira que cultivaba froita e flores na casa familiar.[3] Refuxiouse coa súa avoa no sur do país, pero houbo emigrar de novo logo de que matasen a súa avoa. Pasou varios anos viaxando por África (Burundi, Zaire, Tanzania, Malaui, Mozambique e Suráfrica)[2] antes de lograr un visado como refuxiada nos Estados Unidos de América.
Asentouse cunha familia na área de Chicago e comezou a recibir educación regulada aos trece anos. Acadou relevancia internacional en 2006 logo de aparecer no programa The Oprah Winfrey Show, que preparou un encontro sorpresa co seu pai e a súa nai. Logo de graduarse na Universidade Yale comezou a súa carreira como divulgadora. En 2018 publicou un libro de memorias, The Girl Who Smiled Beads.
Notas
editar- ↑ Catherine Fruchon-Toussaint (19 de xaneiro de 2019). "Littérature sans frontières: Le témoignage bouleversant de la jeune Rwandaise Clemantine Wamariya" (en francés). RFI.
- ↑ 2,0 2,1 Diane Cole (19 de abril de 2019). "She Fled Rwanda To Survive — But Does Not Like The Words 'Refugee' Or 'Genocide'". NPR.
- ↑ Joanna Moorhead (28 de abril de 2018). "I was reunited with my long-lost family on Oprah". The Guardian.