Claudia S. de Windt

avogada dominicana

Claudia S. de Windt, nada en Santo Domingo, República Dominicana, é unha avogada internacional ambiental dominicana e experta en ciencias políticas.[1][2][3]

Infotaula de personaClaudia S. de Windt

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Datos persoais
País de nacionalidadeRepública Dominicana Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogada Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Compañeiro profesionalSheila Abed (en) Traducir
María Amparo Alban (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Páxina webii-js.org… Editar o valor em Wikidata
Twitter: deWindt_IIJS LinkedIn: claudiasdewindt Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

O almirante César de Windt Lavandier, pai da Armada dominicana, inspirouna no seu interese pola natureza.[4] De Windt estudou dereito na Universidade Iberoamericana (UNIBE), conta cunha mestría en Estudos Xurídicos Internacionais da Escola de Dereito da American University e cun Certificado en Negociacións da Escola de Dereito da Universidade Harvard.[5]

En 2001 De Windt comezou o seu traballo no Departamento de Desenvolvemento Sustentable e a Secretaría de Seguridade Multidimensional da Organización de Estados Americanos (OEA), dirixindo iniciativas de reformas lexislativas, xustiza, sostibilidade, dereito ambiental, e a súa vinculación cos dereitos humanos nas Américas.[6][7][8][9][10][11][12][13][14][15][16] De Windt traballou en propostas para lograr normas e prácticas de comercio que garantan a sostibilidade sen perder de vista a mitigación do cambio climático.[17][18][19]

Emitiu argumentos orais con respecto á solicitude da República de Colombia dunha opinión consultiva da Corte Interamericana de Dereitos Humanos sobre a interpretación de varios artigos da Convención Americana sobre Dereitos Humanos, que tratan as implicacións e ramificacións ambientais.[20][21]

Na OEA foi Xefa da sección de Dereito Ambiental, Política e Boa Gobernalidade e especialista principal de seguridade e xustiza medio ambiental.[22][23][24] Foi asesora principal e ten liderado diversos procesos políticos e de negociación no ámbito multilateral e hemisférico en materia de sostibilidade.[25][26] Estivo a cargo da iniciativa de conflitividade social do Órgano interamericano.[27][28]

De Windt colaborou na autoría de varias propostas lexislativas nas Américas incluíndo a Lei Xeral do Ambiente da República Dominicana e as súas normas.[29][30] En 2015, De Windt formou parte da Comisión de Medio Ambiente que traballou na actualización do marco xurídico ambiental de México, a nivel do Senado Federal.[31][32][33] Estes traballos continuaron noutros países da rexión como é o caso do Brasil.[34][35][36] De Windt estivo involucrada en procesos de política e negociación sobre sostibilidade tanto no sistema Interamericano como no de Nacións Unidas.[37]

Durante a pandemia xerada polo virus COVID-19, De Windt propuxo solucións desde o dereito ambiental para abordar pandemias globais como o COVID-19 nas Américas, colaborando coa Comisión Mundial de Dereito Ambiental (WCEL), entre outras cousas, no lanzamento do primeiro seminario web en castelán.[38]

En abril do ano 2020, conxuntamente coa exministra de Xustiza de Paraguai, Sheila Abed, e coa ecuatoriana María Amparo Albán, experta en asuntos ambientais, sostibilidade e comercio; De Windt fundou o Instituto Interamericano de Justicia y Sostenibilidad (IIJS), unha empresa emerxente institucional con sede na cidade de Washington, D.C., Estados Unidos e con presenza en varias cidades das Américas.[39][40] De Windt foi designada como Directora Executiva do IIJS o día Mundial do Medio Ambiente, 5 de xuño de 2020.

De Windt é catedrática adxunta da Facultade de Dereito de Washington College of Law, da American University.

Recoñecementos editar

  • En xaneiro de 2020, foi distinguida polo Environmental Law Institute como Académica Invitada[41]
  • Foi  recoñecida polo Consello Permanente da OEA polo seu invalorable apoio e dilixente xestión como asesora da Presidencia durante o  proceso das negociacións da XVLI Asemblea Xeral da Organización: CP/ACTA. 2078/16.[42]
  • Recoñecida polo Consello Permanente da OEA polo seu traballo permanente e compromiso co tema do cambio climático en 2015[43]
  • Outstanding Performance Award (Premio ao desempeño sobresaliente), pola Secretaría Xeral da OEA.[44]
  • Recoñecida polo Goberno Dominicano pola súa colaboración ao éxito da Segunda Reunión Interamericana de Ministros e Altas Autoridades de Desenvolvemento Sustentable.[45]

Notas editar

  1. "Claudia S. de Windt". Green Growth Knowledge Platform (en inglés). 12 de marzo de 2018. 
  2. "Environmental Rule of Law - Claudia S. de Windt - Senior Legal Specialist". UN Environment (en inglés). 6 de outubro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2020. Consultado o 08 de maio de 2021. 
  3. "ENJ y OEA inician Programa Interamericano de Capacitación Judicial sobre el Estado de Derecho Ambiental". Escuela Nacional de la Judicatura de la República Dominicana. 17 de xullo de 2017. 
  4. "Almirante César de Windt: Armada dominicana". Arquivado dende o orixinal o 02 de xullo de 2020. Consultado o 08 de maio de 2021. 
  5. "Claudia S. de Windt". OAS - SEDI - Department of Sustainable Development (DSD) (en inglés). 
  6. "Claudia S. de Windt". Department of Sustainable Development (en inglés). 
  7. "OEA tiene fondos para préstamo ambiental a República Dominicana". El Día. 11 de novembro de 2010. 
  8. "Duberlí Rodríguez: “Gran parte de los delitos contra el medio ambiente no son judicializados por falta de logísticas”". Poder Judicial del Perú. 29 de novembro de 2017. 
  9. "Más de cien jueces tratarán en Pucallpa avances en justicia ambiental". Agencia Peruana de Noticias Andina. 12 de decembro de 2018. 
  10. "Joint Working Party on Trade and Environment" (PDF). Organisation for Economic Co-operation and Development (en inglés). 17 de marzo de 2017. p. 9. 
  11. "Regional Dialogue on Environmental Sustainability for the Post-2015 Development Agenda". IISD - SDG Knowledge Hub (en inglés). 3 de decembro de 2013. 
  12. "Estado de derecho ambiental". ROAVIS (Red de Observancia y Aplicación de la Normativa de Vida Silvestre de Centroamérica y República Dominicana). 28 de abril de 2020. Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2021. Consultado o 08 de maio de 2021. 
  13. "Simposio Mundial sobre Poderes Judiciales y Medio Ambiente: Adjudicando nuestro futuro" (PDF). Organización de Estados Americanos. agosto de 2018. [Ligazón morta]
  14. "11th Plenary Assembly - Santiago, Chile 2014". ParlAmericas (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2021. Consultado o 08 de maio de 2021. 
  15. "Constituciones, Derechos Humanos y Medio Ambiente" (PDF). Coloquio Judicial Regional para América Latina y el Caribe. maio de 2017. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de setembro de 2020. Consultado o 08 de maio de 2021. 
  16. "Seminario virtual "¿Qué es la Opinión Consultiva sobre DDHH y ambiente de la Corte IDH?"". Interamerican Association for Environmental Defense (AIDA). 20 de setembro de 2018. 
  17. "Mesa Redonda de Políticas de la OEA: “Diálogo de Política sobre Cambio Climático: Desafíos y Oportunidades para las Américas" (PDF). Secretaría Ejecutiva para el Desarrollo Integral. 17 de xuño de 2014. 
  18. "GREENING REGIONAL TRADE AGREEMENTS: Opportunities and Insights From International Experience" (PDF) (en inglés). 10 de xuño de 2016. 
  19. "Liberalization of Financial Services under NAFTA and Its Effect on the Environmental Performance of the Agricultural Sector in Mexico. Claudia S. de Windt" (PDF). 
  20. "WCEL and the environmental rule of law in the Americas". 
  21. "WCEL partners with UN Environment to launch campaign to protect environmental defenders". 
  22. "Jefe de la sección de Derecho Ambiental, Política y Gobernabilidad del DDS diserta sobre la importancia de los marcos institucionales y de política sobre aguas internacionales" (PDF). 
  23. "Poder Judicial del Perú firma acuerdo con la OEA para capacitación judicial sobre el Estado de Derecho Ambiental" (PDF). 
  24. "Meeting of Senior Government Officials Expert in Environmental Law on the Midterm Review of the 4th Programme for the Development and Periodic Review of Environmental Law (Montevideo Programme IV)". 
  25. "Comisión llega al país a supervisar logística para la asamblea que se realizará en junio". 
  26. "“Honduras retoma labores de la Presidencia en Comisión Interamericana de Desarrollo Sostenible de la OEA”". Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2020. Consultado o 28 de agosto de 2021. 
  27. "Concejo Permanente: Comisión de Asuntos Jurídicos y Políticos". [Ligazón morta]
  28. "Video De Windt ante Corte Interamericana de Derechos Humanos ( minuto 8:25)". 
  29. "Experiencias y buenas prácticas en materia legislativa y de implementación de legislaciones nacionales" (PDF). 
  30. "Informe sobre Normas de Gestión Ambiental para las Marinas". Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2020. Consultado o 08 de maio de 2021. 
  31. "Comisión de Medio Ambiente en Senado actualizará marco jurídico ambiental". Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2021. Consultado o 08 de maio de 2021. 
  32. "Comisión trabaja para actualizar el marco jurídico en materia ambiental". Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2021. Consultado o 08 de maio de 2021. 
  33. "20va Reunión Ordinaria de la Comision de Medio Ambiente y Recursos Naturales, presidida por la Senadora Ninfa Salinas Sada" (PDF). 
  34. "Programa sesión conjunta Comision Mixta Permanente sobre Cambio Climatico del Congreso de Brasil y Comision de Medio Ambiente del Senado Federal". 
  35. "Constituciones, Medio Ambiente, Derechos Humanos: Práctica e Implementación" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de setembro de 2020. Consultado o 08 de maio de 2021. 
  36. "Requerimento nº48, de 2014, realizaçion de audiência pública destinada a debatir en la Comision de Constitucionm Justicia y Ciudadanía e invitacion a Claudia de Windt como experta.". 
  37. "50 líderes dominicanos visitan las oficinas de GFDD en Washington DC para conversar sobre medio ambiente y desarrollo sostenible – DREFF" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2022. Consultado o 2022-01-28. 
  38. "La Comisión Mundial de Derecho Ambiental (WCEL) de la UICN realizó su primer seminario web en español". 
  39. "Instituto Interamericano de Justicia y Sosteniblidad (IIJS)". 
  40. "Founding Partners: Women who bring a unique gender differentiated perspective". 
  41. "Environmental Law Institute". 
  42. "Acta de la Sesión Ordinaria del Concejo Permanente- CP/ACTA 2078/16 7 junio 2016". 
  43. "Consejo Permanente de la OEA- Reconocimiento aportes en Cambio Climático". 
  44. "General Secretariat - Administrative Memorandum No. 92". 
  45. "SEGUNDA REUNIÓN INTERAMERICANA DE MINISTROS Y ALTAS AUTORIDADES DE DESARROLLO SOSTENIBLE" (PDF).