Clarence S. Campbell Bowl

A Clarence S. Campbell Bowl, ou simplemente Campbell Bowl, é un trofeo da National Hockey League entregado ao campión dos play-offs da Conferencia Oeste.[1] Recibe o seu nome en honor a Clarence S. Campbell, que foi Presidente da NHL dende a tempada 1946-47 ata a 1976-77. O trofeo está realizado en prata esterlina, elaborado en 1878.[1] Os Vegas Golden Knights son os actuais posuidores do trofeo logo de gañar o título de Conferencia na tempada 2017-18.

A Clarence S. Campbell Bowl no Hockey Hall of Fame.

Historia

editar
 
Henrik Sedin dos Vancouver Canucks campións da Conferencia Oeste en 2011 recibe a Campbell Bowl

A Clarence S. Campbell Bowl foi doada polos clubs da NHL como recoñecemento ás contribucións e servizos realizados polo homenaxeado, o Presidente da Liga a comezos da Era Moderna e as expansións. Ao longo da súa historia foi paralelo ao Prince of Wales Trophy, empregando os mesmos criterios no agrupamento contrario da competición. Dende a súa introdución na tempada 1967-68 ata a 1973-74 foi entregado ao equipo que finalizaba na primeira posición da West Division durante a liga regular.[1] Co realiñamento da NHL na tempada 1974–75, foi entregado ao equipo co mellor rexistro da liga regular na Conferencia Campbell (a sucesora da West Division) ata a tempada 1980-81.[1] A partir da tempada 1981-82, cambiouse para ser entregado aos campións dos play-offs na Conferencia Campbell, e dende a tempada 1993-94, cando a Conferencia Campbell converteuse na Conferencia Oeste, ten sido entregado ao campión dos play-offs da Conferencia Oeste.[1]

Existe unha superstición tradicional que permanece en moitos dos xogadores actuais da NHL pola que ningún xogador debe tocar ou erguer os trofeos Campbell (campión da Conferencia Oeste) ou o Prince of Wales (campión da Conferencia Leste) despois de ter gañado os play-offs de conferencia; eses xogadores senten que a Stanley Cup é o verdadeiro trofeo de campión e a causa diso debe ser o único o único trofeo que levanten. In lugar de tocar o trofeo de conferencia, o capitán do equipo gañador simplemente posa (habitualmente de forma solemne) co trofeo, e ás veces, todo o equipo posa con el. Con todo, houbo outros equipos que ignoraron a superstición e ergueron os trofeos de conferencia, e logo conseguirán gañar a Stanley Cup de todos xeitos.[2]

Campións

editar
Títulos totais por equipo
Vitorias Equipo
7 Chicago Blackhawks
Edmonton Oilers
6 Detroit Red Wings
Philadelphia Flyers
3 Calgary Flames
Minnesota/Dallas Stars
Los Angeles Kings
New York Islanders
Vancouver Canucks
St. Louis Blues
2 Anaheim (Mighty) Ducks
Colorado Avalanche
1 Nashville Predators
San Jose Sharks
Vegas Golden Knights
Lenda
  • ^ = Ano no que afianzou o seu liderado en vitorias
  • ¤ = Ano no que afianzou o seu liderado en vitorias consecutivas
  • = Eventuais campións da Stanley Cup

Campión da West Division na liga regular (1967–74)

editar
Tempada Gañador Vitoria #
1967-68 Philadelphia Flyers ^ ¤ 1
1968-69 St. Louis Blues 1
1969-70 St. Louis Blues ^ ¤ 2
1970-71 Chicago Black Hawks 1
1971-72 Chicago Black Hawks 2
1972-73 Chicago Black Hawks ^ ¤ 3
1973-74 Philadelphia Flyers 2

Campión da Conferencia Campbell na liga regular (1974–81)

editar
Tempada Gañador Vitoria #
1974-75 Philadelphia Flyers 3
1975-76 Philadelphia Flyers ^ 4
1976-77 Philadelphia Flyers ¤ 5
1977-78 New York Islanders 1
1978-79 New York Islanders 2
1979-80 Philadelphia Flyers 6
1980-81 New York Islanders 3

Campión da Conferencia Campbell nos play-offs (1981–93)

editar
Tempada Gañador Vitoria #
1981-82 Vancouver Canucks 1
1982-83 Edmonton Oilers 1
1983-84 Edmonton Oilers 2
1984-85 Edmonton Oilers 3
1985-86 Calgary Flames 1
1986-87 Edmonton Oilers 4
1987-88 Edmonton Oilers 5
1988-89 Calgary Flames 2
1989-90 Edmonton Oilers 6
1990-91 Minnesota North Stars 1
1991-92 Chicago Blackhawks 4
1992-93 Los Angeles Kings 1

Campión da Conferencia Oeste nos play-offs (1993–presente)

editar
Tempada Gañador Vitoria #
1993-94 Vancouver Canucks 2
1994-95 Detroit Red Wings 1
1995-96 Colorado Avalanche 1
1996-97 Detroit Red Wings 2
1997-98 Detroit Red Wings 3
1998-99 Dallas Stars 1
1999-00 Dallas Stars 2
2000-01 Colorado Avalanche 2
2001-02 Detroit Red Wings 4
2002-03 Mighty Ducks of Anaheim 1
2003-04 Calgary Flames 3
2004-05 Non houbo campión a causa do lockout da NHL 2004–05 Tempada cancelada
2005-06 Edmonton Oilers ^ 7
2006-07 Anaheim Ducks 2
2007-08 Detroit Red Wings 5
2008-09 Detroit Red Wings 6
2009-10 Chicago Blackhawks 5
2010-11 Vancouver Canucks 3
2011-12 Los Angeles Kings 2
2012-13 Chicago Blackhawks 6
2013-14 Los Angeles Kings 3
2014-15 Chicago Blackhawks 7
2015-16 San Jose Sharks 1
2016-17 Nashville Predators 1
2017-18 Vegas Golden Knights 1
2018-19 St. Louis Blues 3
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Clarence S. Campbell Bowl" (en inglés). NHL. Consultado o 18 de febreiro de 2016. 
  2. Kaplan, Emily (28 de maio de 2011). "Conference trophies: to touch, or not to touch?" (en inglés). NHL.com. Consultado o 18 de febreiro de 2016. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar