Clair Patterson
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2018.) |
Clair Cameron Patterson, nado en Mitchellville (Iowa) o 2 de xuño de 1922 e finado en The Sea Ranch (California) o 5 de decembro de 1995, foi un xeoquímico estadounidense.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de xuño de 1922 ![]() Mitchellville, Estados Unidos de América (pt) ![]() ![]() |
Morte | 5 de decembro de 1995 ![]() Sea Ranch, Estados Unidos de América (en) ![]() ![]() |
Causa da morte | estado asmático (pt) ![]() ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América ![]() |
Educación | Grinnell College Universidade de Chicago Universidade de Iowa ![]() |
Director de tese | Harrison Brown (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xeoquímico , químico , xeólogo ![]() |
Empregador | Instituto Tecnolóxico de California ![]() |
Membro de | |
Participou en | |
1939 | Proxecto Manhattan ![]() |
Premios
| |
![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarFoi un dos xeoquímicos máis influentes na súa especialidade, que en 1953 determinou con exactitude a idade da Terra en 4.550 millóns de anos, cunha marxe de erro duns 70 millóns de anos. Para realizar a medición e dada a complexidade que supuña atopar rochas o suficientemente antigas como para servir de referencia (a tectónica de placas quedaba lonxe aínda), baseouse nun suposto (que ao cabo sería correcto): as rochas atopadas nos meteoritos serían probabelmente de similar lonxevidade ás que formaron a Terra. Así, utilizando un espectrógrafo de masas cedido polo Laboratorio nacional de Argonne (Illinois), logrou achar a verdadeira idade da Terra.
Por outra banda, Patterson foi un dos máis firmes opositores á utilización de chumbo na elaboración de combustíbeis, polo que foi perseguido polas multinacionais que o trataban e comercializaban. Grazas aos seus esforzos, aprobouse en 1970 a Lei de Aire Limpo en Estado Unidos.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- "La lucha de Clair Patterson". Xtro : Blog de software para Windows, curiosidades y cosas cachondas (en castelán). 09 de febreiro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 02 de setembro de 2011. Consultado o 11 de xuño de 2011.