Cidade Deportiva Dani Jarque

(Redirección desde «Ciutat Esportiva Dani Jarque»)

A Cidade Deportiva Dani Jarque (en catalán: Ciutat Esportiva Dani Jarque) é un campo de fútbol situado en Sant Adrià de Besòs. Utilizado como campo de adestramento polo RCD Espanyol, xogan nel os seus partidos como locais o Espanyol B e o Espanyol Feminino. Foi inaugurado en 2001.

Historia editar

Cunha superficie de 60.000 m2, o centro de adestramento foi inaugurado no ano 2001 co nome de Ciutat Esportiva del RCD Espanyol, pero axiña pasou a ser coñecido popularmente como Sarrià, en referencia ao histórico estadio do RCD Espanyol, o Estadi de Sarrià. Con todo, en xaneiro de 2012, o presidente do club Ramón Condal anunciou que o centro sería rebautizado oficialmente como Ciutat Esportiva Dani Jarque en memoria do falecido capitán do Espanyol Dani Jarque.[1]

Instalacións editar

 
Tenda oficial RCDE na Cidade Deportiva
  • O Estadio Ciutat Esportiva (107 x 68 metros), cunha capacidade de 1.520 asentos, é a sede do Espanyol B, filail do Espanyol, e tamén xogan nel os equipos xuvenís do club e o equipo feminino.
  • 1 campo de herba natural (107 x 68 metros).
  • 2 campos de herba artificial (90 x 63,5 metros cada un).
  • 7 minicampos con campo artificial (60 x 33 metros cada un).
  • Campo de adestramento de herba natural para porteiros.
  • Campo de actividades multideportivas de herba artificial.
  • Centro de servizos con ximnasio, restaurante, etc.
  • Aparcadoiro cunha capacidade para 150 coches.

Notas editar

  1. "Intervenció del President Ramon Condal a l’acte d’inauguració de l’estàtua en record de Dani Jarque" (PDF). rcdespanyol.com (en catalán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de abril de 2015. Consultado o 31 de marzo de 2024.