En botánica denomínase cistocarpo a estrutura frutífera producida nas rodófitas despois da fecundación.[1]

Julius von Sachs, o introdutor do termo

Etimoloxía editar

O termo cistocarpo está formado pola unión dos elementos cisto- e -carpo, ambos os dous tirados das voces do grego antigo κύστις kýstis "bolsa", "vexiga", e καρπός karpós, "froito", unidos cun -o- epentético.[2][3]

Historia editar

Este neoloxismo foi empregado por primeira vez en 1875, en alemán, polo botánico Julius von Sachs (1832-1897).[2][Cómpre referencia]

Estrutura e función editar

O cistocarpo está formado por filamentos, especialmente cando dita estrutura ten unha envoltura protectora especial, no que se liberan as carpósporas (esporas do cistocarpo),[1] esporas diploides das algas vermellas.[2]

O nome cistocarpo aplícase menos frecuentemente cando o gonimoblasto, conxunto de filamentos que se orixinan no procarpo fecundado e que producen carpósporas, é dicir, cando non hai unha envoltura protectora.[3]

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar