Cirrítidos

(Redirección desde «Cirrhitidae»)

Os cirrítidos (Cirrhitidae) son unha familia de peixes mariños incluída na orde dos Perciformes, propios de augas tropicais dos océanos Atlántico, Índico e Pacífico.

Paracirrhites forsteri, nas Illas Maldivas
Oxycirrhites typus

Morfoloxía editar

Posúen un corpo alongado, alcanzando tamaños máximos de 55 cm, aínda que adoitan ser peixes pequenos e moi coloreados. Unha única aleta dorsal continua con 10 radios espiñosos e 11 a 17 radios brandos; os primeiros presentan cirrios [1] nos extremos das espiñas. A aleta anal ten 5 a 7 radios brandos.

Hábitat e bioloxía editar

Viven entre as rochas e os corais, alimentándose de pequenos peixes e crustáceos. Son hermafroditas protoginos e os machos manteñen grupos territoriais con varias femias.

Adáptanse moi ben ás condicións de vida nos acuarios.

Taxonomía editar

Comprenden 12 xéneros:

  • Amblycirrhitus (Gill, 1862)
  • Cirrhitichthys (Bleeker, 1857 )
  • Cirrhitoidea Jenkins, 1903
  • Cirrhitops (Smith, 1951)
  • Cirrhitus (Lacepède, 1803)
  • Cristacirrhitus (Randall, 2001)
  • Cyprinocirrhites (Tanaka, 1917 )
  • Isocirrhitus (Randall, 1963)
  • Itycirrhitus (Randall, 2001)
  • Neocirrhites (Castelnau, 1873)
  • Notocirrhitus (Randall, 2001)
  • Oxycirrhites (Bleeker, 1857)
  • Paracirrhites (Bleeker, 1874)

Notas editar

  1. Estruturas filamentosas que algúns peixes posúen na cabeza ou nas aletas.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar