Cinemateca de Bogotá

Coordenadas: 4°36′11″N 74°04′13″O / 4.6031314, -74.0702999

A Cinemateca de Bogotá ou Centro Cultural das Artes Audiovisuais é unha entidade encargada de difundir as artes cinematográficas en Bogotá, Colombia. A súa sede principal foi inaugurada en xuño de 2019 e atópase na carreira Terceira coa avenida Rúa 19 no barrio Germania do centro da cidade.[1]

A cinemateca na súa sede dende 2019.

Historia editar

A primeira sede foi inaugurada o 11 de abril de 1971 polo daquela alcalde Carlos Albán Holguín. A súa primeira sede situouse na sala Oriol Rangel do Planetario e a súa primeira directora foi Isadora de Norden, quen liderara o proxecto xunto ao seu esposo Francisco Norden e a Hernando Valencia Goelkel. En 1976, cambiou a súa sede e e trasladou a Las Nieves, carreira 7 entre rúas 22 e 23. Este espazo foi habilitado por Jacques Mosseri.

A primeira mostra de cinema realizouse en 1971 e proxectáronse filmes de escolas diversas, tales como cinema clásico francés, da idade de ouro, expresionismo alemán, entre outros. Un dos eventos máis recoñecidos foi a primeira mostra: Cine colombiano 1950- 1973, que levou a cabo en 1973. Ao ano seguinte, publicouse Crónicas de cine, de Hernando Valencia Goelkel.

 
Antiga sede xunto ao Teatro Jorge Eliécer Gaitán na carreira Sétima.

Nova sede editar

En xuño de 2019 inaugurouse unha nova sede no barrio Germania.[1] Esta conta cunha biblioteca e catro salas: a Capital con capacidade para 272 persoas; dous máis con 75 cadeiras e a Sala E, dedicada á música, a danza e o teatro.[1] Ten unha área construída de 8, 562 m² onde se distribuirán catro salas de cinema, zonas infantís e un ecosistema de creación dixital. O proxecto tivo un custo de aproximadamente 55.000 millóns de pesos.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Gómez G., Sofía (11 de xuño de 2019). "Esta es la nueva y espectacular Cinemateca que enorgullece a Bogotá". El Tiempo (en castelán). Consultado o 14 de outubro de 2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar