Cinelândia

Barrio da cidade de Río de Xaneiro

Coordenadas: 22°54′40″S 43°10′33″O / -22.91100833, -43.175725

Cinelândia é o nome popular da zona da contorna da Praça Floriano, no centro da cidade de Río de Xaneiro, no Brasil, englobando a área dende a Avenida Rio Branco ata a rúa Senador Dantas, e da Evaristo da Veiga ata a Praça Mahatma Gandhi, onde antigamente estaba situado o Palácio Monroe.

Vista de Cinelândia, co Pão de Açúcar ao fondo.

Descrición editar

A Praça Floriano ten unha lixeira forma de trapecio. Está delimitada pola Avenida Rio Branco e polas rúas Araújo Porto Alegre, 13 de Maio e Evaristo da Veiga. Algunhas rúas veciñais, como Álvaro Alvim, Praça Mahatma Gandhi e a rúa do Passeio tamén son englobadas dentro de Cinelândia.

Historia editar

 
Cinelândia nunha fotografía de 1919, co monumento a Floriano Peixoto no centro da praza.

A Praça Floriano está situada nunha zona aberta durante as obras de construción da Avenida Central, hoxe en día coñecida como Avenida Rio Branco. Ocupa parte do terreo do antigo Convento da Ajuda, construído no século XVIII e destruído na primeira década do século XX.

A idea de transformar a nova praza, cercada polos edificios da Biblioteca Nacional, a Câmara Municipal, o antigo Supremo Tribunal Federal, o Palácio Monroe e o Theatro Municipal nunha versión brasileira do Times Square vén do empresario Francisco Serrador, español radicado no Brasil e propietario de casinos, cines, teatros e hoteis.

O nome Cinelândia popularizouse a partir da década de 1920, xa que nesa época decenas de teatros, clubs, bares e restaurantes instaláronse na zona, converténdose en referencia do lecer na cidade.[1]

Cinelândia foi tamén escenario dalgunhas das manifestacións políticas máis importantes da historia do Brasil. Sendo hoxe en día o lugar favorito para exhibicións de activistas políticos nacionalistas e de esquerda.

Coa popularización dos centros comerciais, os locais de lecer foron abandonando pouco a pouco a Praça Floriano, quedando só actualmente o cinema Odeon.

Notas editar

  1. "Você sabía...". Centro da Cidade (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2019. 

Véxase tamén editar