Cinefantastique foi unha revista de cinema de terror, fantasía e ciencia ficción.

Historia editar

A revista empezou orixinalmente como un fanzine mimeográfico en 1967, despois relanzado como un trimestral en 1970 polo publicador e editor Frederick S. Clarke.[1] Creada como unha publicación crítica e seria do xénero, a revista distinguiuse inmediatamente de competidores como Famous Monsters of Filmland e The Monster Times polo seu papel puído e o uso de fotogramas de filmes para interiores a toda cor. Os artigos e recensións de Cinefantastique enfatizaron un enfoque intelixente, case académico, unha inclinación daquela infrecuente para unha revista tan específica do xénero. Os anuncios eran poucos, e na súa maioría eran anuncios doutros títulos e materiais da editorial. Esta falta de "recheo de páxina" asegurou ó lector unha gran proporción de contido editorial orixinal.

Notas editar

  1. "Frederick S. Clarke, 51, of Cinefantastique". The New York Times. 9 de novembro de 2000. Consultado o 4 de setembro de 2016.