Abrir o menú principal

Ciencias formais

(Redirixido desde "Ciencia formal")

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre ciencias é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

As ciencias formais son conxuntos sistemáticos de coñecementos racionais e coherentes, que se ocupan do estudo dos procesos lóxicos e matemáticos, polo que o seu obxecto de estudo non é o mundo, nin a realidade físico-natural, senón formas baleiras de contido, pero cuxos coñecementos poden seren aplicados a dita realidade físico-natural. O método propio das ciencias formais é o método dedutivo.[1]

Unha ciencia formal é aquela que traballa con formas, é dicir, con obxectos ideais, que son creados polo ser humano, que existen na súa mente e que son obtidos por abstracción. Ás ciencias formais interésanlle as formas e non os contidos; non lles importa o que se di, senón como se di. A verdade das ciencias formais é necesaria e formal.

As ciencias formais son as ramas da ciencia que estudan sistemas formais. As ciencias formais validan as súas teorías con base en proposicións, definicións, axiomas e regras de inferencia. Todas elas son analíticas, a diferenza das ciencias sociais e as ciencias naturais, que as comproban de maneira empírica, é dicir, observando o mundo real.

Lista de ciencias formaisEditar

Nas ciencias formais as proposicións analíticas ou contraditorias recollen os enunciados das matemáticas e a lóxica que en xeral constitúen as ciencias formais. O positivismo lóxico considera a estas ciencias que non realizan cousas.

As ciencias formais están divididas dunha forma radical: por un lado as ciencias reais e por outro lado as ciencias empíricas. As empíricas deben satisfacer determinados requisitos lóxicos nas súas inferencias e deben adaptarse ás formalizacións derivadas da lóxica matemática.

NotasEditar