Cidreira caiota
Cucurbita ficifolia | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Froito e follas. | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Cucurbita ficifolia Bouché, 1837 | |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
A cidreira caiota é unha planta da familia das cucurbitáceas,[1][2] que dá a cidra caiota, un froito cunha polpa utilizada na alimentación especialmente para facer doces.[1]
Características
editarEsta melón é de cor verde con manchas brancas no exterior e no interior contén unha polpa branca e moi fibrosa, empregada para facer doces e sobremesas.[1] As sementes son negras e o froito, cando está maduro, ten unha pel bastante dura, [1] podendo chegar a pesar de 1 a 4 kg.
Pode ser confundida facilmente con algunhas variedades de sandía, que tamén se usan para facer doces.
Orixe
editarA orixe evolutiva desta especie encóntrase en América Central ou do Sur, cos rexistros arqueolóxicos máis antigos rexistrados no Perú, datados entre o 3000 e o 4000 a.C.[1]
Usos
editarEn Portugal e o Brasil, especialmente no sur, a súa polpa cocida utilízase para facer o doce de gila ou chila.[1] Este doce está en fíos brancos e emprégase en infinidade de receitas tradicionais.
No Brasil, non é unha planta moi convencional, cultivada a pequena escala polos agricultores familiares, principalmente nos estados de Rio Grande do Sul e Santa Catarina [1] .
O froito inmaturo, aínda que moi pouco usado, tamén se pode usar na alimentación, e a planta tamén ten propiedades medicinais.[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 "Abóbora-Gila (Cucurbita ficifolia), uma Hortaliça Pouco Convencional Cultivada no Rio Grande doSul" (PDF). Embrapa Clima Temperado. Pelotas, RS. 2010. 2010. Consultado o 10/09/2018.
- ↑ "M.M.P.N.D. - Sorting Cucurbita names". www.plantnames.unimelb.edu.au. Consultado o 2023-04-06.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- CPACT - Embrapa [1]