Cidade dos Señores de Coucy

Coordenadas: 49°31′13″N 3°19′21″L / 49.52027778, 3.3225

A Cidade dos Señores de Coucy (en francés: Cité des Sires de Coucy) é o nome dado ás fortificacións que forman o castelo de Coucy e a cidade fortificada de Coucy-le-Château-Auffrique, en Picardía ao norte de Francia. A Cidade dos Señores de Coucy conta dous quilómetros de muralla, trinta e tres torres (sen contar as do castelo) e tres portas fortificadas.

As murallas da Cidade no Sur.

Tódalas construcións da Cidade de Coucy padeceron danos graves durante a primeira guerra mundial, cando o exército alemán decidiu estoupar o castelo señorial e a súa torre de homenaxe, a máis alta xamais erixida na Idade Media, e tamén a igrexa medieval da cidade e as tres portas fortificadas.