Cidade Deportiva José Ramón Cisneros Palacios
Coordenadas: 37°21′10″N 5°56′52″O / 37.3528, -5.94778
A Cidade Deportiva José Ramón Cisneros Palacios é a cidade onde adestra o primeiro equipo do Sevilla FC e onde xoga os seus partidos o filial Sevilla Atlético. Ademais é o lugar de adestramento e campo local das categorías inferiores e do equipo feminino. Atópase en Sevilla, na estrada de Utrera, e inaugurouse en 1974.
Ciudad Deportiva José Ramón Cisneros Palacios | |
---|---|
Datos | |
Localización | Sevilla, España ![]() |
Construción | |
Inauguración | 1974 |
Estadio | |
Superficie | 70.000 m² |
Propietario | Sevilla Fútbol Club |
Localía | Sevilla Atlético |
Ocupa unha superficie de 250.000 m² e leva o nome do que foi presidente do club durante a década de 1960, José Ramón Cisneros Palacios, que propuxo dotar ao club de novas instalación. A primeira parte da cidade construíuse en 1968, ano no que se inauguran 125.000 m² (50% da superficie actual). Completáronse as instalacións en 1974, con Eugenio Montes Cabeza como presidente.
InstalaciónsEditar
- O estadio central da cidade, coñecido como Viejo Nervión, inaugurado en 1987 con capacidade para 5.100 espectadores. É o campo local do Sevilla Atlético, equipo filial do Sevilla FC.
- 4 campos de céspede natural.
- 3 campos de céspede artificial.
- 1 campo pequeno de céspede artificial para a escola de fútbol Antonio Puerta.
- Centro deportivo con ximnasio.